El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

O PP acusá á Xunta de ocultar un decreto que prevé axudas ós mariscadores polas riadas

Pesca responde que esa norma só é de aplicación en casos semellantes ó Prestige

26-10-2006

O PPdeG acusou á Consellería de Pesca de ocultar ao sector a existencia dun decreto, aprobado polo anterior Executivo galego do PPdeG e actualmente en vigor, que obriga á Xunta a activar a concesión de axudas económicas automáticas en caso de peche, cesamento ou suspensión temporal da actividade pesqueira, marisqueira ou acuícola derivada de episodios de contaminación marítima accidental. Esto é o que está a suceder estes días, según o partido da oposición, coas capas de lama, procedente dos montes queimados, que provocan mortandades masivas de marisco. "Este decreto, aprobado pola Xunta logo da experiencia acadada coas axudas concedidas logo do accidente do Prestige, obriga á Consellería de Pesca a activar de inmediato unha liña de axudas dirixidas a cubrir as necesidades dos afectados, ante a falta de actividade económica e dos ingresos derivados desta", sostén o PPdeG. Á petición do PP respondeu xa o departamento de Pesca da Xunta. O secretario xeral da Consellería, Miguel López Sieiro, aseguró á AGN que o decreto ó que fai referencia o PP non é de aplicación na actualidade. ?Foi aprobado para casos de contaminación marina accidental; neste caso non hai intervención do ser humano, nin foi no mar, nin é a consecuencia dun accidente", apuntou López Siero. "A norma facía unha clara alusión ó 'Prestige' e falaba de futuras aplicacións en casos similares, non é loxico demandar agora a súa activación", según o representante de Pesca.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias