Sociedad
30-10-2006
Dúas figuras de alcance internacional como son o filósofo e escritor José Antonio Marina, e o vicepresidente do Centro Internacional Toledo por la Paz, e ex ministro de Asuntos Exteriores de Israel, Shlomo Ben Ami, ocuparán parte do Programa de ?Os Encontros do Club?, no vindeiro mes de novembro. O Club Internacional de Prensa, da Secretaría Xeral de Comunicación, continúa así coa súa programación abordando temas de actualidade con persoeiros punteiros nos seus respectivos ámbitos.
Así, o 10 de novembro, venres, Marina falará sobre ?Relixións e sociedade?, nun período histórico como o que estamos vivindo marcado polos conflictos que ¿agochan? as distintas crenzas relixiosas; anque quizais, detrás de todo isto, ¿estean? intereses que van máis aló do relixioso, e amosen intereses económicos tamén. Pero a actitude individual e colectiva ante o feito en sí das relixións, será tema que abordará o autor de importantes libros como ?Teoría de la Inteligencia creadora?, ?Elogio y refutación del Ingenio?, ?La creación Económica?, e outros moitos, salientando como último libro ?Por qué soy cristiano?.
Posteriormente, o martes 21 de novembro, será o ex ministro de Asuntos Exteriores de Israel e actual vicepresidente do Centro Internacional Toledo por la Paz, Shlomo Ben Ami, quen diserte sobre ?Entre choque e alianza de civilizacións?, repasando nesta conferencia o fonto e trasfondo da conflictividade nas distintas rexións, países e territorios en conflicto, e abogando claramente pola paz. Desgranar e analizar as causas que orixinan estes conflictos, e mesmo apostar por ?ese esforzo de reconciliación entre a globalidade e a diversidade, debe ser un obxectivo central se se quere superar ese gran dilema das sociedades e as estruturas democrática sde hoxe: o afastamentodos cidadáns do proceso político?.
Sen dúbida, dúas citas, dous encontros, de grande importancia tanto polo protagonismo e recoñecemento internacional dos seus relatores, como pola temática actual que ámbolos abordarán nas súas respectivas conferencias. Terán lugar no Aula Sociocultural de Caixa Galicia en Santiago, na rúa Carreira do Conde 18, e están abertas a todo o público en xeral.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias