El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Galicia promocionarase nas cociñas da ONU

Dez restauradores galegos cociñarán para 400 persoas diarias no comedor de delegados de Nacións Unidas

31-10-2006

Galicia entrará ata a cociña na sede de Nacións Unidas en Nova Iorque. Entre o 6 e o 17 de novembro, o persoal da ONU poderá degustar diariamente productos galegos cociñados por dez restauradores da Comunidade. Trátase dunha iniciativa pioneira das Consellerías de Innovación, Medio Rural e Pesca para promocionar os productos agroalimentarios e pesqueiros no exterior. Máis de 5.600 persoas disfrutarán desta mostra gastronómica que suporá, en palabras do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ?un salto adiante? na promoción e comercialización dos productos do mar e do campo que redundará tamén na mellora do nivel de renta dos productores e por tanto na fixación de poboación no rural. A promoción, que permitirá abrir novos mercados, contribuirá, según Suárez Canal, a vender a marca galega como un ?seguro de calidade?. A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, felicitou a Turgalicia por unha iniciativa que abrirá novos mercados no exterior. Os productos do mar serán unha das bases dos platos que o equipo de cociñeiros galegos presentará tanto no comedor de delegados da ONU coma nunha cea no mítico Rockefeller Center na que se reunirá a touroperadores, prensa especializada, importadores e distribuidores. A promoción completarase ademáis cunha comida exclusiva para 22 persoas na ONU á que asistirán representantes dos medios de comunicación máis importantes da cidade, membros do Goberno Galego e de Nacións Unidas. A promoción, baixo o título de ?Galicia segue sendo única?, supón un escaparate para presentar á Comunidade como destino turístico. Unha revista editada especialmente en inglés recollerá a esencia galega con información sobre gastronomía, os cociñeiros participantes, os productos e os viños propios da terra. Tamén haberá postais, folletos e vídeos promocionais de Galicia, ademáis de murais que se exporán na sede da ONU. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, destacou que esta promoción é a primeira desta envergadura en Estados Unidos e espera que a iniciativa sirva de arrastre para o sector turístico, da pesca e do campo neste país. Blanco tamén salientou a colaboración das tres consellerías para levar adiante esta presentación e a puxo de exemplo como maneira de traballar a prol da economía e da creación de emprego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias