Sociedad
Touriño inaugura o edificio Hércules coa presentación das conclusións dos Encontros "Repensando a cultura galega" en A Coruña
03-11-2006
Os intelectuais galegos denuncian a falta de obxectividade histórica dos libros de texto, así como a carencia dun museo de Historia de Galicia e a baixa capacidade de consulta da cultura galega en soporte informático. Estas foron algunhas das conclusións dos encontros "Repensando a cultura galega" que se presentaron en A Coruña.
As conclusións foron presentadas ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O titular do Goberno galego inaugurou o edificio Hércules, situado no paseo marítimo de A Coruña, que albergará a editorial do mesmo nome e a fundación Rodríguez Iglesias, organizadora das xornadas. Outras das reivindicacións dos pensadores galegos consistiu na vixencia do dereito consuetudinario e na "maior formación e cualificación" das persoas e da tecnoloxía aplicada nas empresas afincadas en Galicia.
En canto á heráldica, os estudosos estimaron oportuno inventariar as labras heráldicas de máis de cen anos de antigüidade e protexer o material conforme á lei vixente. Por último, os intelectuais galegos criticaron a "actitude economicista" das políticas de aproveitamento dos recursos naturais galegos, "de extraordinaria singularidade" e dos que "aínda existen moitos aspectos descoñecidos".
Proxecto Galicia
Nos encontros participaron representantes de preto de 500 colaboradores científicos e literarios que traballan na obra "Proxecto Galicia", de Hércules de Ediciones, que trata do pasado e o presente de Galicia en volumes sobre historia, arte, xeografía, economía e outros aspectos. O 'Proxecto Galicia' publicará en breve o seu tomo número 50.
Na elaboración destas conclusións participaron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, así como estudosos e catedráticos como Francisco Río Barja, José Antonio García Caridad, Carlos Acuña Rubio, Adolfo Cordero Rivera, Rodolfo Barreiro Lozano, Xosé Manuel González Reboredo, Armando Fernández-Xesta, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Fernado Cobo Gradín e Anxo Tarrío, presididos polo titular de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias