El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Nunca Máis rememorará o 12 de novembro o cuarto aniversario do Prestige cunha manifestación para denunciar a falta de medios

03-11-2006

A plataforma cidadá Nunca Máis convocou para o próximo 12 de novembro unha manifestación en Santiago de Compostela para conmemorar os catro anos do afundimento do petroleiro Prestige diante das costas galegas. O acto levará por lema "Outro Prestige aínda é posíbel. Evitémolo pola seguridade do noso mar". A marcha saíra da Alameda ás 12.00 horas e, aínda que non está confirmado, o máis seguro é que remate na Praza da Quintana. Con estas verbas de denuncia a plataforma quere recordar que catro anos despois segue existindo un alto risco no tránsito marítimo e que no caso de producirse outro accidente non habería medios para respostar adecuadamente. O voceiro de Nunca Máis, Rafa Villar, asegurou que "queda moito por facer" e que hai unha gran carencia de medios e de medidas. Villar tamén afirmou que hai unha "alta posibilidade dun novo accidente que se convirta en catástrofe". En canto á seguridade marítima, Nunca Máis recordou que cada ano seguen a pasar diante das costas galegas 13.000 buques con mercadorías perigosas, polo que hai un risco similar a cando aconteceu o do Prestige, xa que estes barcos teñen unha situación estructural similar. Rafa Villar tamén mostrou o descontento da plataforma cidadá cos gobernos da Xunta e do Estado, xa que se está a impoñer un "muro de esquecemento". Ante outro hipotético caso como o do Prestige, Villar afirmou que "os actuais gobernos non actuarían igual, pero aínda que se avanzou na dotación de medios, non é suficiente". O portavoz de Nunca Máis tamén asegurou que "a improvisación e a descoordinación serían as mesmas e os resultados, parecidos". Por todo isto, Villar recordou que a manifestación do próximo 12 de novembro "é un toque de atención aos gobernantes, para que acometan as cuestións pendentes do Prestige. Sobre todo, o que ten que ver con seguridade marítima". Nunca Máis tamén salientou que a día de hoxe non haxa un Plan de Continxencia Galego para actuar ante un accidente marítimo. Villar denunciou que só hai unha promesa que se anunciou hai tempo. O portavoz da plataforma cidadá afirmou que o simulacro de actuación en caso de accidente dun petroleiro realizado hai 15 días na ría de Betanzos, chega catro anos tarde. Villar tamén denunciou que se trataba dun "acto de propaganda", agora que se achega o cuarto aniversario.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias