El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo

Teresa Táboas asegura que ?nunca se licitou tanta vivenda de promoción pública? en Galicia

08-11-2006

A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, asegurou en Punto Radio que ?en 2006 teremos licitadas un total de 621 vivendas de promoción pública para rendas de 1.200 euros, a cifra maior dos últimos dez anos. Nunca se licitou tanta vivenda de promoción pública?. E para o ano que vén, a conselleira adianta que o obxectivo é superar esta cifra e chegar ata as 821 vivendas. Ademais, apuntou que durante este ano xa se superaron as 4.100 calificacións de vivenda protexida e reiterou que o obxectivo para 2007 será supera-las 5.000 calificacións. Asimismo, a conselleira apostou por contratar auditorías externas á hora de construir estas vivendas e pon o exemplo de San Paio de Navio, onde as obras comezarán o vindeiro mes de decembro, e no que ?contratamos unha auditoria externa para que controlase todo o proceso, para que despois non nos atopemos con problemas e teñamos que estar reparando por proxectos mal executados?. Segundo Teresa Táboas, é importante controla-la calidade das obras ?e non gastar os cartos públicos en reparar cousas que se teñen que facer ben?. Neste sentido, a conselleira lebra que cada ano se destinan 9,8 millóns de euros para estar ?reparando vivendas con problemas de todo tipo, son cartos que se estragan e que se podían adicar a facer novas vivendas?. Teresa Táboas defendeu en Punto Radio a creación do Rexistro Único de Demandantes de Vivendas de Protección Autonómica, do que dixo que ?é un instrumento que nos permite coñecer ónde se necesita máis vivenda e planificar unha política que dé resposta ás necesidades reais?. Ademais, destacou que ?serve ós propios promotores, que saberán o tipo de demanda que hai? e que ?transparenta a adxudicación de vivenda pública?. Asegurou que ?terá un funcionamento moi sinxelo? e que ?a xente terá que inscribirse neste rexistro, enchendo un simple formulario?. Finalmente, a conselleira apuntou que o seu departamento ten a obriga de reduci-los problemas que teñen ós mozos á hora de adquirir una vivenda. Recoñece que os mozos ?que teñen soldos de 13.000 euros brutos, teñen que facer moito esforzo para acceder a vivenda, pero temos que ofrecerlle un parque de vivendas. Temos que pelear pola nosa mocidade, no podemos voltar a un século atrás cando tivemos que emigrar?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias