El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

O BNG cualifica de "rebelión e insumisión" a non comparecencia dos presidentes das deputacións

Carlos Aymerich lamenta que se repita "o bochorno" do ano pasado e asegura que os entes provinciais actúan como "virreinatos"

10-11-2006

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, cualificou na Comisión Terceira do Parlamento a non comparecencia dos presidentes das catro Deputacións para dar informe das súas contas como unha "rebelión e insumisión" fronte á Cámara Galega, segundo informa o BNG nunha nota de prensa. O deputado nacionalista lamentou que "se repita o bochorno do ano pasado" no que non compareceron os representantes dos entes provinciais de Lugo, Pontevedra e Ourense aínda que subliñou a existencia de algunhas diferencias, como o feito de que, nesta ocasión, o portavoz do PP non se erixise en representante das deputacións gobernadas por este partido. Aymerich referíuse asi á carta enviada en 2005 por Manuel Fraga anunciando a non comparecencia dos presidentes de Pontevedra, Lugo e Ourense. Para o portavoz do grupo parlamentario nacionalista estamos "diante dunha actitude que non se pode seguir aturando". O BNG solicitou o ano pasado un informe da Cámara sobre a ausencia dos presidentes e o escrito concluía a obrigatoriedade dos máximos dirixentes de comparecer, mais tamén a inexistencia de sancións xurídicas perante a non comparecencia. O portavoz nacionalista asegurou que a actitude dos dirixentes das Deputacións constitúe unha "rebelión e insumisión, máxime cando o PP insiste en que temos que contemplar os entes provinciais no Novo Estatuto", e subliñou que están a comportarse como "virreinatos e compartimentos estancos".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias