El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

"Para que non me esquezas", premio do público no Festival Horizontes Latinos de Marsella

14-11-2006

A película "Para que non me esquezas", da directora galega Patricia Ferreira, obtivo o Premio do Público do Festival Horizontes Latinos de Marsella, onde competiu cos filmes máis salientables da última produción iberoamericana. "Para que non me esquezas" foi producida por Continental e a Televisión de Galicia e conta coas actuacións de Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau, Marta Etura, Roger Coma, Mónica García e Víctor Mosqueira. Rodada entre Madrid e Galicia, a longametraxe utiliza como escenarios a piscina municipal do concello coruñés de Laracha, a cidade de A Coruña ou a praia de Langosteira de Fisterra, entre outros. A última cinta de Patricia Ferreira acadara xa esta distinción en Toulouse, e dende que fora estreada no Festival de Berlín, xa pasou polos certames de Mar del Plata, Bruxelas, Damasco, Estocolmo, Hamburgo, Copenhague, Santo Domingo, Tokio, Rio de Janeiro, Valladolid, Montpellier, Nova Iorque, Viena, Manchester, Verona, Londres, Lisboa e San Francisco, onde recibiu unha boa acollida.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias