El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Ben Ami defenderá a consolidación da paz con respecto ós dereitos humanos no Club Internacional de Prensa

Pronunciará en Santiago a conferencia "Entre choque e alianza de civilizacións"

20-11-2006

O vicepresidente do Centro Internacional Toledo para a Paz, Shlomo Ben Ami, falará este martes nos Encontros do Club, da necesidade de consolidar a paz nun marco de respecto e promoción dos dereitos humanos e os valores democráticos no mundo. ?Entre choque e alianza de civilizacións? é o título da Conferencia que ofrece, e que será presentada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Alfonso Sobrado Palomares, no Aula Sociocultural de Caixa Galicia en Santiago. O Centro Internacional Toledo para a Paz, ten como obxectivo contribuír a evitar e resolver os conflictos internacionais ou intra-nacionais, violentos ou potencialmente violentos, e á consolidación da paz. Así o defende esta institución da que forman parte do seu Padroado o viceprimeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina, Nabil Shaath, o ministro de Asuntos Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos, o presidente da Fundación José Ortega y Gasset Antonio Garrigues Walker, ou ?entroutros- o embaixador de España en Estados Unidos, Carlos Eestendorp, ademais dalgúns presidentes de distintas comunidades autonómas. Este centro contribúe tamén ó establecemento de vías de cooperación e canles de comunicación entre as partes implicadas, gobernos, ONGs e representantes e tódolos sectores da sociedade civil. No seu programa figuran actualmente as actividades e proxectos que se enmarcan en tres puntos: dous xeográficos que se enfocan ás rexións de África e Oriente Medio, e a América Latina, e outro constitúe o Programa de Prevención e Resolución de Conflictos. Este último, ó ser temático e abordar asuntos estreitamente relacionados cos programas xeográficos, constitúese como un programa transversal, desenvolvemento en certos casos actividades propias e noutros complementando e apoiando a labor dos programas rexionais. A cooperación ó desenvolvemento como instrumento para a prevención de conflictos e a construcción da paz, forma parte das áreas do Programa do Centro Internacional Toledo para a Paz.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias