El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Touriño demanda que se intensifique a vixilancia e o seguimento das manchas detectadas na zona do "Prestige"

21-11-2006

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, transmitiulle ao Goberno Central a necesidade de que se intensifique a vixilancia e o seguimento das manchas atopadas na zona do afundimento do Prestige, co obxectivo de evitar calquera incidente. O responsable do Executivo galego, que está permanentemente informado dos controis e seguimentos que se están a realizar por parte de Madrid, demandou ao Goberno Central que informe a opinión pública do resultado das mostras tomadas na zona do afundimento do Prestige e da situación na que se atopa actualmente o pecio. Pérez Touriño solicita que se intensifique a vixilancia e o seguimento na zona e que se controle o alcance e evolución das manchas detectadas para evitar calquera risco.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias