O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Vega, solicitou á Xunta a suspensión dos Premios Galicia de Comunicación por consideralos "impropios dun réxime democrático". Vega entregou unha carta ao xurado no nome da Xunta de Goberno do CPXG na que expresaba a súa desconformidade coa concesión de premios a xornalistas e medios de comunicación por parte de poderes políticos. O decano do Colexio de Xornalistas fora convidado a participar no xurado dos Premios Galicia Comunicación 2006. Trala lectura da carta dirixida ao xurado, o máximo representante do órgano colexiado profesional abandonou a reunión.