Sociedad
19-12-2006
O Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro contará cun centro de interpretación e cun percorrido didáctico polas máis de 80 rochas con debuxos rupestres do seu contorno. Para iniciar a construción deste centro, a conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, asinou en Madrid un convenio de colaboración coa ministra de Fomento, Magdalena Alvarez.
En virtude deste acordo, a Consellería e o Ministerio investirán a partes iguais máis de 5,5 millóns de euros no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro. O departamento que dirixe Bugallo, propietario dos terreos, será o encargado da xestión das obras. O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre constitúe un dos catro parques proxectados dentro da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Estará formado por un roteiro para visitar os petroglifos ou gravados na pedra e por un centro de interpretación e de investigación.
O centro contará cunha superficie de 220.000 metros cadrados e cun contorno de protección ao seu redor de máis dun millón de metros cadrados. O investimento acordado pretende crear un centro de referencia para o coñecemento e divulgación da arte rupestre, así como un foco de desenvolvemento para toda a comarca.
O convenio asinado contempla o acondicionamento do terreo para visitas e o tratamento dos debuxos inscritos nas rochas para que poidan ser recoñecidos. Ademais, crearase unha rota sinalizada e con información sobre a orixe das mostras de arte rupestre e sobre as técnicas empregadas.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias