El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Nordestin@s presenta un disco de cancións mariñeiras e de tabernas con tres temas propios

20-12-2006

Nordestin@s, o trío formado polos músicos galegos Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade, presentou hoxe en Santiago o seu disco. Trátase dun álbum "temático" con música popular "mariñeira e de taberna" do mar do Norte composto por 12 cancións, nas que aportaron tres temas propios, explicou Galego. A nova proposta ábrese cun tema composto pola vocalista de Berrogüetto, 'Lendas do mar'. 'Ari Ari' é outro dos cortes, escritos por Ugia Pedreira, cantante de Marful, e a irmá de Rábade, a poeta María do Cebreiro, inspirado na obra de Fernando Pessoa. A voz cantante, como non, levárona as dúas vocalistas, que seleccionaron os temas en base a gustos persoais e lembranzas de infancia, mentres que os arranxos corren a conta do músico de jazz Abe Rábade. O pianista explicou que para a elaboración do disco lles pedira a Ugia Pedreira e a Guadi Galego unha gravación das cancións que elas elixiran cantadas 'a capella'. Deste xeito, o músico contaba con maior liberdade para combinar as cancións tradicionais co sonido jazz, en procura sempre dun "equilibrio". 'Nordestin@s' foi gravado en directo no Teatro Principal de Santiago o pasado mes de setembro e pódese adquirir nas tendas dende o pasado día 11 deste mes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias