El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Elisabet Ruiz Dotras
Piñeiro Docampo
Sociedad

Carlos Alvarez-Ossorio, Gustavo Pernas Cora e José Luis Prieto optan ao Premio Max ao Mellor Autor Teatral en Galego

29-01-2007

Os dramaturgos Carlos Alvarez-Ossorio, Gustavo Pernas Cora e José Luis Prieto optan ao Premio Max ao Mellor Autor Teatral en Galego, que se outorgarán o vindeiro 16 de abril en Bilbao. Na décima edición dos Premios Max das Artes Escénicas parte como favorita "Antígona tiene un plan", con once candidaturas, segundo informaba nun comunicado a Sociedad General de Autores y Editores (Sgae). O viveirense Gustavo Pernas podería obter por segundo ano consecutivo o Premio Max ao Mellor Autor Teatral en Galego por "Final de película", de Ancora Producións, tras resultar gañador na pasada edición con "Paso de cebra". Por outra banda, Prieto pode acadar a terceira mazá por 'Carambola: cóncavo convexo', de Lagarta Lagarta. O dramaturgo naronés xa fora galardoado en 2003 por 'Monólogo do imbécil', e dous anos despois por 'Fobias'. Ambos deberán competir polo premio desta edición co sevillano Carlos Alvarez-Ossorio, que opta coa obra 'A Casa do Pai', levada á escena por Cámara Negra, Teatro do Noroeste e Noescafé Teatro. A Sgae anuncia ademais que aínda haberá outro finalista galego entre as obras concursantes a Espectáculo Revelación, que se poderá coñecer nos vindeiros días. Favoritas Co maior número de candidaturas, 'Antígona tiene un plan' convértese na favorita da décima edición dos Premios Max. Séguena no listado 'Peer Gynt', con nove, 'La Cabra o qui és Sylvia?', con seis, e 'Hamlet', con cinco. Estas dúas últimas competirán con 'Construyendo a Verónica' polo premio ao Mellor Espectáculo de Teatro. No capítulo da danza, a obra máis salientable é 'J'arrive...!', con cinco opcións de galardón. A coreografía de Marta Carrasco poderá verse no Salón Teatro de Santiago o xoves e o venres.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias