O BNG congregou en Santiago a un millar de cargos políticos,
militantes e simpatizantes nun encontro nacional co que arranca a
campaña electoral do 10N, nun ambiente cargado de optimismo que
sintetizaron as persoas asistentes ao acto coreando reiteradamente o
lema “desta vai”.
Así
arrancou tamén a súa intervención a portavoz nacional, Ana Pontón,
convencida de que hoxe son moitos máis os galegos e galegas que, con
independencia do que votasen o 28A, saben que Galiza perde cando o
BNG no está no Congreso, e por iso van aproveitar a cita coas urnas
para recuperar voz propia no Estado da man do Bloque.
“O
10N é o día para dicir basta xa de tanta discriminación, de tanto
pasotismo, de tanto desprezo con este país e desta vai porque coa
forza das urnas o 10N imos colocar Galiza no mapa político do
Estado. Ese é o compromiso do BNG, aproveitar a representación no
Congreso para facer o que sempre fixemos: defender un futuro mellor
para este país, defender un futuro mellor para os galegos e as
galegas”, proclamou Pontón.
Nunha
campaña que definiu como “aparentemente fría e distante pensada
para que non se falen dos problemas deste país”, instou a
mobilizarse: “fai seis meses quedamos ás portas, faltou un puñado
de votos, por iso pídovos que nos mobilicemos, que transmitamos o
entusiasmo que se respira neste encontro a todo o noso entorno”, ao
tempo que se dirixía a toda a xente “cabreada co espectáculo da
política madrileña”.
“A
todas as persoas que están fartas da frivolidade e dos egos
madrileños, pídolles que o 10N transformen o cabreo en algo útil
para Galiza: apoiar ao BNG. Non fomos parte do problema, queremos
ser parte da solución porque temos as mans libres para defender a
este país, porque saben que poden cunha organización seria, con
proxecto sólido e unido, que se renova e suma”, argumentou.
Neste
sentido, agradeceu o apoio da militancia e de todas as persoas que
“sin ser do BNG” se suman ao proxecto do Bloque, -con referencia
expresa ao apoio de CxG-, porque comparten a causa común de darlle
voz a Galiza no Estado. “É un obxectivo que vai máis alá das
siglas, é un obxectivo de País”, proclamou.
Criticou
o bipartidismo PP-PSOE ,-“os pili-mili da política polo moito que
se parecen á hora de discriminar a Galiza”, ironizou-, empeñados
en que a campaña se centre “en Madrid e Cataluña para silenciar
Galiza”, axudados dos seus respectivos aparellos mediáticos. Como
antídoto, instou a facer “campaña a pé de rúa con toda
intensidade” para consolidar o avance do BNG das tres últimas
citas electorais, avance que ten unha razón de fondo.
“É
unha razón ben sinxela: tras falsas expectativas quedou demostrado
que os intereses de Galiza só contan para o BNG porque ás forzas
políticas co centro de decisión en Madrid, -dá igual de dereitas,
de esquerdas, de centro ou medio pensionistas-, nunca defenderon nin
defenderán os intereses deste país, para
iso está o BNG”, argumentou. De
feito, tras o espectáculo dos últimos meses, a líder nacionalista
está convencida de que cada vez son máis os e as galegas que non se
senten representadas nin polo bipartidismo PP-PSOE nin polo baile de
siglas a un lado e outro.
Críticas a política anti-Galicia de Feijóo
Críticas
moi duras contra o presidente da Xunta por encabezar un goberno cada
vez máis contrario os intereses do país. “Quero dicirlle ao
señorito dos Peares que anti-Galiza é un decreto que prohibe
ensinar matemáticas ou física en galego, anti-Galiza é ser
cómplice de todos os atrasos do AVE, vetar unha tarifa eléctrica
galega, recortar na sanidade poñendo en risco a vida das persoas e
anti-Galiza é un presidentiño
que pasou de ser o recadeiro de Raxoi a ser o recadeiro de Casado”.
Para
Pontón, as críticas de Feixóo ao BNG “só demostran o seu
nerviosismo e que nestas eleccións busca competir polo voto da
ultradereita coa que até nada compartía partido e agora gobernos
porque son dúas caras da mesma moeda”. E avanzou: “en canto
convoque as eleccións galegas, será o BNG quen o bote fóra da
Xunta por ser o peor presidente da historia deste país”.
Rachar a procesión dos caladiños
O
BNG comprométese a condicionar a política do Estado a favor de
Galiza. “Unha cousa está clara: Nestor, Olalla, Paco, Carme non
van ir ao Congreso para estar calados e, fronte a procesión dos
caladiños de PP, PSOE, Podemos, o BNG vai devolverlle a Galiza o
peso político que nunca debeu perder”. Urxe “facerse valer”
como xa fan vascos, cataláns, canarias, valencianas e até Cantabria
ten voz propia no Congreso, Galiza non pode ser a única “que siga
muda, fora do debate, excluída da axenda do Estado”.
“Poñeremos
a nosa representación ao servizo dos e das galegas, porque isto non
vai do futuro de Sánchez nin de Casado. O 10N vai dos 6.000 empregos
en xogo só no sector industrial en empresas como ENDESA, ALCOA entre
outras; vai de como subir as pensións que son as segundas máis
baixas do Estado, vai de acabar coa estafa da AP9, vai de que chegue
o AVE e de ter cercanías, vai de que paguen a débeda en
dependencia, vai de ter un sistema de financiamento xusto, vai de
defender un novo status que nos recoñeza como nación. Por iso, é
momento de apostar por Galiza, é o momento de apostar polo BNG”,
concluíu.
Pontón
estivo precedida polas intervención dos candidatos e candidatas
cabezas de lista ao Congreso, Nestor Rego (A Coruña), Olalla Rodil
(Lugo), Francisco García (Ourense) e Carme da Silva (Pontevedra),
nun encontro nacional que congregou a un millar de persoas na capital
de Galiza, que foi presentado polo escritor Suso de Toro e pola
portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín, e conducido pola
artista Alba María e o actor Miguel Pernas. Departamento de comunicación