El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero denuncia que o Goberno de Feijóo foi "corrosivo" para os servizos públicos

20-11-2019 14:03:19

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe no Parlamento “os recortes e as privatizacións” postos en marcha por Feijóo ao longo destes 11 anos. “O seu goberno foi corrosivo para o Estado de Benestar”, incidiu, ao tempo que amosou a súa preocupación polo feito de que estas políticas “irán a peor” no caso de que ao PP de Feijóo lle deas as contas para pactar con Vox tralas autonómicas.

“Todos os galegos sabemos que o seu goberno foi un inimigo do público”, sinalou o líder do PSdeG no cara a cara con Feijóo, ao tempo que puxo o foco na falla de profesionais sanitarios, no aumento das listas de espera, na ausencia de prazas en residencias públicas de maiores e en escolas infantís, no cobro dos libros de texto e no peche de centros educativos.

Ademais, Gonzalo Caballero criticou “a visión idílica” que Feijóo tenta trasladar a pesares da “emerxencia sanitaria” que vive Galicia debido á “incompetencia” do goberno galego. “O cómputo global do seu mandato é o esquecemento dos nenos, dos maiores, dos que teñen máis dificultades...”, enumerou, antes de reprocharlle que “vive á marxe da realidade”.

“Tenta trasladar a imaxe dunha Galicia feliz que os galegos xa non lle compran, e por iso perdeu a conexión coa maioría social”, evidenciou o xefe de filas do PSdeG, quen reivindicou que “os socialistas defendemos o público” e advertiu de que os socios do PP son “un risco” para os servizos públicos.


"De batacazo en batacazo" 

E despois de que Feijóo asumise “a derrota electoral do PP, que perdeu cinco millóns de votos en España e máis de 200.000 en Galicia”, Gonzalo Caballero reclamoulle “un exercicio de sinceridade” sobre os seus pactos con Vox tras “bendecir” os acordos do PP con esta forza e con Ciudadanos en comunidades como Andalucía.

“Porque esa é a súa liña: se poden, suman, aínda que sexa cun partido neofranquista, machista e xenófobo”, recalcou o secretario xeral do PSdeG, non sen sinalar que “os galegos xa saben que o futuro de Galicia non pode estar en mans de quen está disposto a pactar coa ultradereita”.

Finalmente, ante os insultos proferidos por Feijóo, Gonzalo Caballero asegurou que está “encantado de que non lle guste o meu papel como secretario xeral do PSdeG”. “Entendo que non lle guste, porque neste 2019 vai de batacazo electoral en batacazo electoral”, espetoulle ao presidente.

O líder do PSdeG amosou durante a sesión de control entrevistas de Feijóo en distintos xornais durante a fin de semana nas que recoñecía abertamente que o PP non pode estar contento cos malos resultados electorais. “Feijóo di que non poden estar contentos porque lles faltan cinco millóns de votos en España e el tampouco pode estalo porque lle faltan máis de 200.000 en Galicia”. Departamento de comunicación






www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias