El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Esquerda Unida presenta a candidatura "A Esquerda con Forza"

05-12-2019 15:15:13
Eva Solla, coordinadora nacional de EU.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa a candidatura de Esquerda Unida “A Esquerda con Forza” para as Eleccións Autonómicas á Xunta de Galicia, coas candidatas e candidatos de Esquerda Unida nas catro provincias, “unha candidatura feminista e preparada para facer fronte aos dez anos de recortes da dereita”.  

“Finalizada a segunda fase das primarias de Esquerda Unida para as vindeiras Autonómicas de 2020, hoxe presentamos a candidatura "A Esquerda con Forza", sinalou Eva Solla nada máis comezar a rolda de prensa. Solla lembrou que foi en setembro cando comezamos a traballar para elixir un equipo de Esquerda Unida preparado para facer fronte á dereita. “O obxectivo é situar aos mellores cadros da organización para arrebatar á dereita o Goberno e evitar que se apliquen políticas contra a clase traballadora. Este proceso se da despois de 10 anos consecutivos de recortes, nos que Galicia acumula medio millón de persoas pobres e unha destrución dos principais sectores produtivos e tamén do desmantelamento dos servizos públicos”.  

Sobre o proceso de Primarias internas, Solla lembrou que “só se presentou unha candidatura, A Esquerda con Forza, presentada no Proceso de Primarias de Esquerda Unida, será ratificada o vindeiro sábado 14 de decembro, na Coordinadora Nacional de Esquerda Unida”. 


Unha candidatura feminista 


Respecto á presentación das listas, Solla fixo fincapé na importancia de “poñer en valor o feminismo”. “Todas as nosas candidaturas provinciais están encabezadas por mulleres. Ademais, todas as nosas listas son cremalleira e inciden na relevancia da igualdade, algo fundamental máxime cando está a emerxer unha dereita en contra da maioría social”, destacou. 

Tamén sinalou outros valores presentes nas candidatas e candidatos que forman A Esquerda con Forza, como a xuventude ou a experiencia, “xa que moitas e moitos desempeñaron cargos públicos ou responsabilidades orgánicas dentro da organización”, dixo. 

De cara ao futuro, Solla sinala que “nos meses vindeiros traballaremos centradas en aspectos moi importantes para a nosa organización: a elaboración do programa electoral, o mantemento de xuntanzas e conversas con outras forzas políticas para reforzar a confluencia, como xa fixemos coa coalición En Común”. “Hoxe damos un paso adiante e trasladamos que esta organización está totalmente preparada para facerlle fronte á dereita no noso país, nun contexto no que é necesario combater estes 10 anos de recortes”, rematou Eva Solla.  


LUGO

.- Vanesa Somoza Domínguez: deseñadora gráfica e artista plástica. 

.- Carlos Anxo Portomeñe Pérez: artesán e escultor. 

.- María Jesús Rodríguez Rodríguez: licenciada en psicoloxía, psicóloga no Servizo de Protección de Menores da Xunta. 

.- Fernando Yáñez Pérez: formación superior produtos electrónicos, traballador de hipermercados vendedor electrodomésticos.  


A CORUÑA 

.- Loreto Taibo Rama: licenciada en dereito e avogada. 

.- Néstor Sieira Fernández: administrativo, licenciado en Filosofía e Máster en Historia Contemporánea pola USC. 

.- Saíza Ruíz Ferreño: fisioterapeuta.

.- Jorge Crego Blanco: doutor en Dereito pola Universidade da Coruña, investigador en Filosofía do Dereito na Universidad Internacional de La Rioja. 


OURENSE 

.- Sofía Díaz Gómez: traballadora social no sector público. 

.- José Antonio Villar Blanco: licenciado en Historia, traballador de artes gráficas. 

.- Isabel Peña-Rey Lorenzo: doutora en medicina, traballadora na Xunta de Galicia. 

.- Carlos Miguélez Soto: caixeiro repoñedor.  


PONTEVEDRA 

.- Estela Miller Fernández: técnica superior informática. 

.- Juan Lamelas Alfonso: traballador no sector da hostalaría. 

.- Nuria Andión Rodríguez: licenciada en Tradución e Interpretación e traballa na biblioteca da universitaria. 

.- Lino Costas Vila: traballador no sector do metal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias