El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

PAZO MEIRÁS

Ana Miranda: "A devolución do Pazo de Meirás é indispensable na loita contra o franquismo post Franco"

30-01-2020 16:18:46

BRUXELAS | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defende  na Eurocámara a devolución do Pazo de Meirás como elemento indispensable de normalización democrática e de “loita contra o franquismo pos Franco que aínda existe en diversas esferas do Estado español”, como na xustiza, na economía e no incumprimento de normativa internacional sobre dereitos humanos. Miranda subliñouno así no marco dunha xornada organizada polo grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, do que forma parte o Bloque, sobre o acceso á xustiza por parte das vítimas do franquismo.  

Neste sentido a portavoz nacionalista en Europa fixo referencia á vista previa que comeza maña nos xulgados da Coruña sobre a propiedade do Pazo de Meirás. “Que se cheguen a recuperar todos os bens incautados por Franco será un signo de normalidade democrática e desde o BNG seguiremos traballando para que se produza”, afirma en referencia ás múltiples iniciativas desenvolvidas no Parlamento Europeo –entre as que figura a aprobación da Resolución contra o avance do fascismo en Europa, da que Miranda é coautora-, pero tamén as levadas a cabo no Parlamento Galego, na Deputación da Coruña e no Concello de Sada.  

Ana Miranda lembra que o grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, integrado por eurodeputadas de distintos grupos e Estados, ten expresado o seu firme apoio á devolución do Pazo de Meirás e o resto de bens incautados polo franquismo, así como a reparación ás vítimas. De feito, unha delegación de eurodeputadas realizou unha visita a este pazo o 3 de maio de 2018, onde constatou que é un espazo no que constantemente se fai apoloxía da ditadura.  


"O silencio de outros"  

A conferencia que entre onte e hoxe se desenvolve na Eurocámara sobre o acceso á xustiza por parte das vítimas do franquismo incluíu no seu programa a proxección do documental “O Silencio de outros” e contou coa presenza da súa directora Almudena Carracedo. Esta xornada, a primeira de 2020, dá continuidade ás actividades periódicas que impulsa o grupo de Memoria Histórica co obxectivo de dar a coñecer a realidade da represión franquista, a vixencia do espolio da ditadura na actualidade e a loita por rematar coa impunidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias