El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | BNG

O BNG censura os orzamentos galegos por non estar á altura do reto social e económico que representa a COVID19

26-11-2020 16:08:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O BNG censura o proxecto de orzamentos para 2021 presentado polo Goberno de Feijóo, un exercicio de “marketing e declaracións de intencións” que na súa letra miúda evidencia “non estar á altura do reto social e económico que representa a COVID19”. Así o recalcou a deputada Noa Presas logo da comparecencia do conselleiro de Facenda na comisión de Economía do Parlamento galego.       

Presas cuestionou unhas contas xerais que eluden o “cambio de rumbo” obrigado polo impacto da pandemia, cunha reordenación de prioridades que, segundo subliñou, “parece máis unha escenificación que un compromiso real” e que renuncian a modificar a política fiscal, amosan o fracaso do sistema de financiamento e baséanse “nunha previsión de ingresos extra que non sabemos se se van cumprir e nos que ningún deses recursos se debe a Feixóo”.

Así, a portavoz nacionalista de Facenda recriminou á Xunta unha distribución do gasto no que a sanidade incrementa a súa dotación por debaixo da media e perde peso no total do orzamento. “Imperdoable, máis aínda cando sabemos a realidade do gasto en sanidade: sempre se orza á baixa”, reprochou, logo de recordar os anos de deterioro e recorte acumulado nos servizos públicos. “A atención primaria ten hoxe, desde que vostedes gobernan, un recorte acumulado de máis de 2.000 millóns de euros”, exemplificou.

Nesta liña, tamén advertiu dos aumentos orzamentarios por baixo da media global das partidas destinadas ao ensino ou ao medio rural, ou o incremento moi levemente por riba dunha consellería fundamental no actual contexto como é a de Política Social, ademais do “recortazo” co que se castigará aos concellos ou a perda real de emprego público fixo promovido estes anos, malia a publicidade de distintas Ofertas Públicas de Emprego (OPE).  

Presas alertou de igual xeito sobre un marco de déficit que sigue afogando e sobre o fracaso dun sistema de financiamento -“que vostedes non quixeron cambiar desde 2014”, recordou ao conselleiro- que provocará unha baixada dos recursos a recibir o próximo exercicio e que derivará nunha liquidación negativa no de 2022. “O impacto da COVID sobre as finanzas públicas aínda non se pode calibrar ben porque a evolución da pandemia sufrirá variacións e non se saben de momento cuestións como cando poderemos ter vacinación masiva con éxito”, advertiu neste sentido. 

Na súa análise das contas para o 2021, a deputada do Bloque tamén se referiu a unha cuestión que considerou fundamental a efectos orzamentarios: os fondos europeos e o seu destino. Así, criticou á Xunta pola súa falta de ambición, transparencia, diálogo e consenso sobre esta cuestión e recriminou ao Goberno do PP que “asuma con normalidade que é xusto que Galiza reciban menos do que lle correspondería por poboación”. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias