El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG pide "esgotar" todas as posibilidades xurídicas para non pagar "nin un só euro á familia Franco"

26-02-2021 17:23:33
Pablo Arangüena, vicevoceiro do Grupo Socialista.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de pedir que se “esgoten todas as posibilidades xurídicas” para non pagar nin un só euro á familia Franco”.
“A todos rechíanos pagarlle incluso un céntimo de euro a esta familia e, nese sentido, aínda que o recurso sexa moi difícil ou aínda que non sexa admitido polo Tribunal Supremo, cremos que se hai a máis mínima posibilidade de intentalo, haberá que facelo”, sentenciou.

Así, o responsable socialista subliñou que a decisión de recorrer “que sería técnica en condicións normais, aquí é case unha cuestión moral” e, polo tanto, “hai que ir máis alá das cuestións técnicas” e esgotar todas as posibilidades xurídicas. “Hai dous anos, cando aínda non se presentara a demanda xudicial pola Avogacía do Estado, absolutamente ninguén apostaría os seus cartos a que se recuperaría a propiedade do Pazo de Meirás sen ter que indemnizar o valor do inmoble á Familia Franco”, aseverou o socialista.  

Arangüena subliñou que “este éxito débese ao compromiso e á firme vontade política dun goberno progresista”, xa que quen presentou a demanda para a recuperación do ben foi a Avogacía do Estado e, con posterioridade, as outras administracións adheríronse á citada demanda.

“Se fose pola Xunta de Feijóo, o pazo seguiría en mans dos Franco porque en 11 anos de goberno, o único que fixo espontaneamente o goberno galego con respecto a Meirás foi chegar a un acordo coa Fundación Franco para que o abrise 4 días o mes, logo de que o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño o declarase BIC”, sinalou o socialista, quen criticou que, grazas a este acordo, “o que fixo a Fundación Francio foi exaltar a figura do ditador”.

Doutra banda, o responsable socialista pediu que se prioricen os usos do pazo relacionados coa reivindicación da memoria democrática, xa que a Xunta de Galicia, “coa escusa do legado de Emilia Pardo Bazán”, trata de “minimizar” o que debe ser o cometido principal do pazo: “explicar, difundir e reivindicar a memoria histórica e democrática, que é o que faría calquera democracia avanzada”.



Comisión de reactivación 

En canto á Comisión de Reactivación, Arangüena amosou a súa “preocupación” cando “ante unha ocasión histórica e irrepetible para modernizar a nosa economía e a nosa sociedade” a través dos ondos europeos Next Generation, “non percibimos que a Xunta estea facendo os deberes” logo dun ano de pandemia.

“Non temos máis información dos famosos 108 proxectos que o que lemos nos periódicos, que son especulacións, sen contido nin plan nin forma definida”, sinalou. Así, lamentou que “o único documento concreto que se presentou sobre os proxectos na comisión foi un texto que, se lle quitamos o índice e a portada, son 10 folios en letra grande que podería redactar un estudante espabilado de primeiro de Económicas”, o que supón unha “auténtica tomadura de pelo”.

Finalmente, o responsable socialista sinalou que “Galicia se xoga moito cos fondos europeos”, polo que instou ao goberno galego a “facer precisamente a política industrial que non fixo nos últimos 11 anos: atraer capital de fóra, mobilizar aos empresarios do país, buscar sinerxías e establecer alianzas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias