El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "O Goberno destina máis de 1.000 millóns de euros á compra de vacinas"

Galicia recibiu xa máis de 235.000 doses.

27-02-2021 18:28:08
Gonzalo Caballero (d), secretario xeral do PSdeG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Santiago en compañía do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. Dende alí, chamou á “prudencia” e á “responsabilidade colectiva” ante o inicio da desescalada, ao tempo que requiriu á Xunta “axilidade” no proceso de vacinación.

“A terceira onda tivo efectos moi graves”, recordou o líder do PSdeG, en alusión ás cifras de contaxios e de falecementos en Galicia, así como á saturación dos hospitais e das UCI. Por iso, incidiu na necesidade de “non relaxarnos” agora que empezan a rebaixarse as restricións “para non empeorar a situación” e “non retroceder” logo do “fracaso” da estratexia da Xunta de “Salvar o Nadal”.

Mentres tanto, iso si, Gonzalo Caballero deixou claro que o goberno galego ten que “manter todo o apoio” á hostalería, ao comercio, á cultura e ao deporte, que sufriron as maiores restricións por mor da pandemia e que “seguen pasando moitas dificultades”. “E o primeiro semestre vai ser moi complexo”, advertiu. A partir de aí, tras reiterar que o PSdeG “non vai cuestionar as restricións” que adopte a Xunta, o responsable socialista puxo o foco na importancia de ser “moi rigorosos, transparentes e eficientes” na utilización das vacinas que chegan da UE e ás que o goberno de España está destinando máis de 1.000 millóns de euros.

Neste punto, Gonzalo Caballero requiriu a Feijóo que abandone “os debates baleiros e a estratexia de confrontación” co executivo que lidera Pedro Sánchez en torno á chegada das vacinas, porque “non beneficia a ninguén”. E, logo de que o presidente da Xunta tivera que “rectificar” ante o novo envío de vacinas o luns, o que reclamou o dirixente do PSdeG é “axilidade” á hora de poñelas. De feito, o secretario xeral dos socialistas galegos recordou que actualmente hai 35.000 doses dispoñibles que o Sergas aínda non dispuxo -das máis de 235.000 que chegaron a Galicia utilizáronse de momento arredor de 200.000- e sinalou que cómpre “que se usen o antes posible”.


"Vacinación eficiente"  

Dito isto, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a ser “máis eficiente” e tamén “máis celosa” no procedemento de vacinación para que “non volva haber erros”. Referiuse así ás 200 inmunizacións irregulares polas que tivo que desculparse o xerente da área sanitaria de Pontevedra e á vacinación fóra de protocolo da alcaldesa do PP en Boimorto ou da conselleira delegada do imperio xeriátrico Domus VI.


Bugallo 

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa “preocupación” ante o inicio da desescalada. “Non me gustaría que volveran dispararse os contaxios”, manifestou o rexedor entre apelacións á “prudencia” para que dentro dun tempo “se poidan autorizar ampliacións de horario e de aforo” e non “haxa que pechar outra vez”.

En todo caso, Bugallo sinalou que no primeiro día dende que comezou o relaxamento das restricións, a maioría da cidadanía e a hostalería compostelá está cumprindo a normativa existente. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias