El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón, a Feijóo: "O seu legado industrial é dramático"

12-05-2021 17:20:56
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional levou á sesión de control a desertización industrial que avanza imparable desde fai anos deixando unha lista cada vez máis longa de empresas pechadas ou con en risco e miles de empregos perdidos.  

“Sen industria non hai futuro, unha verdade incontestable que proclaman miles de traballadores a traballadoras nas rúas en defensa dun sector industrial que se desangra”, indicou a líder do BNG. Endesa, Meirama, Gamesa, Poligal, Isowat, Maderas Iglesias, Vulcano, Barreras, Navantia, Alcoa, Aluibérica, Xeal, Thenaise, R, Lonia textil, Adolfo Domínguez,  Cándido Hermida, Gabadi, enumerou, son algunhas das industrias que pecharon ou que teñen dificultades. Unha situación moi anterior á pandemia e que, analizando os datos da última década, mostran un balance desolador.
 
“Señor Feixóo, o seu legado industrial é dramático porque deixa ao sector na UCI, con miles de empregos perdidos e miles de empresas destruídas. Desde que se senta na Xunta, Galiza perdeu 27.200 empregos só neste sector e pechou 2.947 industrias. Esa é a súa folla de servizos co sector industrial deste País. Como non imos ter á xente nova emigrando”, argumentou.
 
Pero ante este “desastre” industrial a resposta do presidente da Xunta é “cruzarse de brazos perdendo o tempo no que é a súa especialidade: cando hai un problema non busca solucións, só busca a quen botarlle a culpa. Se iso é o máis útil que pode facer por este País o mellor é que peche o seu despacho porque Galiza precisa un presidente que se responsabilice da súa industria e non alguén que bote balóns fora”, recriminou. Un bo gobernante, alegou, é capaz de anticiparse para dar solucións aos problemas, “pero vostede non é un bo gobernante, só é un bo propagandista”, afondou.
 
A portavoz do BNG responsabiliza do declive industrial, que ten contra as cordas a comarcas enteiras, ao xefe do Executivo, “tanto pola súa falta de política industrial como pola incapacidade para defender os intereses de Galiza, antes e agora”, de tal xeito que tras doce anos en Montepío “o máis destacado do seu currículo en materia de industria é o fiasco de PEMEX”.
 
Pontón subliñou que un bo gobernante ten capacidade para anticiparse e dar solucións, “pero vostede non é un bo gobernante, só é un bo propagandista”. Instou a Feixóo a “poñerse as pilas e, para variar, probe a ser presidente de Galiza” porque é crucial traballar para ganar pulso industrial para ter futuro, porque se había algunha dúbida da importancia deste sector a pandemia deixo claro que un País sen industria “é vulnerable desde o punto de vista económica e até sanitario”.


Propostas a favor da industria  

A líder do Bloque puxo no debate propostas concretas, empezando por unha tarifa eléctrica galega que permita sacar partido ás empresas da produción de electricidade como fai Euskadi; medidas contra a deslocalización, cumprir a Lei do sector naval e aproveitar os fondos Next Generation para que chegue ás PEMES e sentar as bases dun modelo industrial verde dentro dunha transición enerxética que debe ser xusta.  

Neste sentido, Pontón tildou de “vergoña” que a decisión económica máis importante para a próxima década, -a da xestión dos fondos europeos de recuperación-, se deixe en mans de tres empresas: ABANCA, Naturgy e Reganosa. “Non sei en que momento os directivos destas empresas se presentaron ás eleccións para tomar esta decisión, en que momento se lles votou, porque xa non estamos ante unha centralización da xestión dos fondos senón ante unha privatización”, denunciou.  

Pontón tamén amosou a súa sorpresa polo feito de que, pese a formar parte do Goberno xa en 2003, Feixóo “descubra agora” que Ferrol está en crise industrial e pida un pacto de Estado. “Que tal un pacto de Estado para A Mariña cuxo futuro pende dun fío, que tal para Vigo, con graves problemas industriais; que tal para a Coruña, onde pasa o mesmo, que tal un pacto de estado para o sector industrial de Galiza?”, concluíu, tras insistirlle ao presidente da Xunta que traballe para o traslado de ENCE.  Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias