SANTIAGO DE COMPOSTELA | O luns 21, ás 20:00 horas, o Ateneo
de Santiago ofrece unha conferencia titulada "Será a Intelixencia
Artificial o noso último invento?", que estará impartida por Senén Barro,
director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes
da USC.
A Intelixencia Artificial pasou en moi poucos
anos dos laboratorios de investigación ás empresas e de aí a unha infinidade de
servizos e produtos e á nosa vida cotiá. Todo apunta, ademais, a que isto non
fixo máis que empezar. Con todo, esta disciplina científico-tecnolóxica
desenvólvese e convive con paradoxos, moitas incógnitas sobre como pode e como
debe progresar e especulacións sobre cales poden ser os seus límites e sobre se
algún día haberá unha intelixencia artificial que supere á humana e o que iso
podería significar. Podería ser incluso o noso último invento, xa que a
intelixencia artificial encargaríase de inventar para nós. Pero tamén podería
ser o derradeiro invento, se resulta que os seres humanos deixamos de
importarlle.
Sobre
isto falará Senén Barro, Doutor en
Física (premio extraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e
Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS-Centro Singular
de
Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidadede Santiago de
Compostela (USC). Entre 2002 e 2010 foi reitor da USC, desenvolvendo o
“Campus Vida”, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional
en 2009 polo Goberno de España, e entre 2008 e 2010 Vicepresidente da
“Conferencia de Rectores de Universidades Españolas”. Así mesmo, foi
presidente de Red Emprendia (2010-2017) –rede de
28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, España e
Portugal,
orientada á transferencia de I+D e ao emprendemento universitario. É
membro da Real Academia Galega de
Ciencias e obtivo o Premio Nacional de Informática José García
Santesmases en
2020. Máis información