El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón acusa a Feijóo de ter Galiza como "segundo prato"

11-04-2022 16:14:01
Ana Pontón, portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Galicia precisa un goberno centrado e dar solucións á crise de prezos pero o que ten é un Executivo do PP paralizado polas liortas internas de poder das baronías, para determinar quen se queda coa cadeira que deixa vacante Feijóo.  

“Levamos dous meses cun Goberno e cun presidente que ten como prioridades tapar a corrupción do seu partido, xustificar os seus pactos coa extrema dereita e calmar as augas internas do PPdeG, onde quere deixar todo atado e ben atado. Pero Galiza non pode ser o segundo prato, poñendo os intereses partidistas do PP por diante dos intereses dos galegos e das galegas”, denunciou a líder do BNG, Ana Pontón, desde Noia, onde mantivo un encontro na confraría para analizar a situación do marisqueo nesta ría, unha das máis produtivas do País.  

Feijóo fai tempo que xa está en Madrid, mesmo fisicamente, hoxe mesmo está na sede de Génova e non en San Caetano, “é dicir, está traballando para o PP mentres cobra un salario dos galegos e das galegas”, reiterou, “pero este País non pode estar paralizado até xuño e moitos menos polos problemas e as loitas internas de poder” na carreira desatada entre baronías para coller o relevo do xefe dos populares.  

Por iso, a portavoz nacional do Bloque reclámalle a Feixóo que “non alongue máis” o proceso de sucesión, “porque Galiza non pode estar até xuño cun goberno sen cabeza no medio dunha crise económica que a escala de prezos non fixo máis que agudizar, un contexto que require un goberno ó 100% e non un goberno paralizado. As loitas internas polo poder non as poden pagar os galegos e as galegas”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias