SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
líder do PP provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda, convocou para o
venres a Xunta Directiva provincial do partido, onde planea anunciar a
súa decisión de presentarse como candidato a suceder a Núñez
Feijóo á fronte do PPdeG no próximo Congreso autonómico.
Do mesmo xeito que Feijóo o fixo ante o máximo órgano entre congresos
no PPdeG, a Xunta Directiva autonómica, Rueda prevé seguir os seus
pasos, segundo as fontes consultadas por Europa Press, Rueda anunciará o venres a súa decisión de optar a liderar o PP ante a Xunta Directiva provincial de Pontevedra e
ratificar ante o seu equipo provincial unha decisión que ninguén no
partido pon en dúbida tras recibir o vicepresidente primeiro da Xunta os
apoios do resto de líderes provinciais e principais dirixentes do
partido. Leer más