El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Valentín Formoso: "Feijóo deixa miles de millóns en proxectos sen desenvolver"

19-04-2022 18:16:31
Valentín González Formoso c).

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe, tras manter unha xuntanza co grupo de empresarios Vicus Gallaecia, “aproveitar ao máximo as potencialidades” de Galicia fronte a un Feijóo que “deixa miles de millóns en proxectos sen desenvolver”.

O líder das e dos socialistas galegos aproveitou esta reunión para expoñer o súa visión sobre a política económica de Galicia, que aposta por “espremer as potencialidades propias do país”, fortalecer o sector exteriores e permitir a produción de sectores estratéxicos como o das enerxías renovables, o da madeira ou toda actividade asociada á cadea mar-industria.

Ante as e os empresarios, Formoso fixo balance das oportunidades que se perderon baixo o goberno de Feijóo, de quen dixo que se instalou na “comodidade” e “renunciou a tomar decisións” para non danar a súa perspectiva de facer carreira política en Madrid. Con todo, o dirixente socialista acusou á Xunta do PP de “limitar” a capacidade do sector madeireiro, de “restarlle pulo” á automoción ao non apostar polas plantas de chips e baterías ou de “frear o desenvolvemento” dunha acuicultura sostible. “Nós podemos cuestionar algunhas localizacións de plantas acuícolas, pero Feijóo renunciou por completo ao desenvolvemento deste sector”, sinalou.

Outra das cuestións nas que incidiu o secretario xeral das e dos socialistas galegos foi na necesaria eficiencia, axilidade e simplificación da administración pública, que entende que, pese a todas as promesas, “brillou pola ausencia” baixo o mandato de Feijóo na Xunta.

“Os caixóns da administración están cheos de miles de millóns de euros de proxectos á espera dun informe”, dixo, algo que xulgou “intolerable”, pois “ao final no que se traduce é en que milleiros de mozos e mozas teñen que seguir facendo as maletas cada ano para buscar oportunidades laborais fóra de Galicia”. 

Neste marco, Formoso escoitou as demandas expostas por varios dos empresarios para viabilizar a súa actividade e subliñou que parte da solución pasa por garantir unha suficiencia enerxética e o subministro que axude a rebaixar os costes de produción. Nese sentido, puxo en valor o Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible, asinado polo PSdeG con CCOO, UXT, Unións Agrarias, Fademur e Ventonoso, que supón una aposta non só polo crecemento do sector eólico, senón tamén polo desenvolvemento doutras fontes asociadas como o hidróxeno verde, que considerou “esencial” para garantir o funcionamento da industria galega a medio prazo. “A solución para que este home pague menos por conxelar –dixo sinalando a José Pereira– chámase hidróxeno verde”.

Tamén respaldou que se priorice a conexión do AVE co norte de Portugal ou a ubicación do sede do Instituto Español de Oceanografía en Galicia, algo no que dixo que dende o PSdeG se está traballando. Na xuntanza con Vicus Gallaecia, que reúne a promotores e industriais, estiveron os empresarios José Enrique Pereira, conselleiro delegado do Grupo Pereira; Francisco Puga, presidente de Delta; José Luiciano Martínez Covelo, do Clúster da Automoción; Marcos Freire, do Grupo Freire; Javier Garrido, do sector inmobiliario; Bartolomé Pidal, de Nortempo; Sabela Pérez-Torres, de Pérez Torres Marítima Vigo; Horacio Gómez, presidente del Grupo Horacio Gómez; e José Manuel Fernández-Alvariño, presidente do Grupo Alvariño. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias