A CORUÑA / O. AMOEDO | Pouco máis dun mes queda para que de novo podamos presenciar un dos grandes clásicos do calendario internacional como é o Gran Premio de Marcha Atlética Cantones da Coruña-Trofeo Sergio Vázquez que se achega á súa trixésimo quinta edición. Será
en concreto o vindeiro día 28 de maio a partir das 17:00 horas cando o
asfalto coruñés reciba novamente aos máis importantes marchadores e
marchadoras mundiais do momento que competirán sobre un circuito de 1
Km. con saída e chegada no Cantón Grande da Zona do Obelisco.
Malia
que este 2022 é ano postolímpico, ao longo do mesmo coincidirán por
tema COVID dúas importantes citas internacionáis como son o Campionato
do Mundo no mes de xullo en Eugene (EEUU) e un mes despóis o Campionato
de Europa na cidade germana de Zurich, polo que se agarda unha
importante presenza de atletas internacionais na procura das mínimas de
participación que dará se cabe, máis calidade e cartel a esta proba. De
igual modo e como cada ano, a selección nacional que compita nestas dúas
citas sairá de Cantones, polo que xa teñen confirmada a súa presencia
os mellores especialistas nacionais do momento.
Novidades e máxima valoración mundial ao G.P. Cantones
Este ano o Gran Premio Cantones intégrase na nova World Athletics Race Walking Tour 2022
que sustitúe á Challenge W.A. O novo formato competitivo está integrado
por un total de vintecatro probas as cales encádranse segundo o seu
nivel en tres categorías: a de máximo nivel ou Gold GL Category a de nivel A ou Gold A Category e por último as de categoría prata e bronce ou Other Events Silver and bronce category.
Cabe
salientar que das vintecatro probas que forman o tour internacional tan
só dúas contan co recoñocemento do máximo nivel ao fronte das cales
sitúase o Gran Premio Cantones xunto a organizada pola cidade chinesa de
Taicang. Lembramos que a edición galega conta ca Placa Patrimonio
Mundial do Atletismo concedida pola Wordl Athletics no ano 2019 e que a
distingue co máis alta recoñecemento mundial para este tipo de probas. Departamento de comunicación