RAMIRÁS | A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás organizará o vindeiro sábado a actividade 'Cantamos o Maio'. Será o terceiro ano consecutivo que o colectivo ramirense dea entrada a primavera con esta celebración. O obxectivo desta festa é recuperar esa manifestación cultural que en tempos foi celebrada na Comarca de Celanova, tal e como indican algúns historiadores como Clodio González. Así, aúnase a música e o canto tradicional, co culto a natureza.
Esta iniciativa é continuidade da proposta que nacía no ano 2020 de maneira virtual onde moitos veciños e veciñas da contorna, e socios/as da asociación se sumaron de maneira virtual a convocatoria feita desde Rebulir. Neste 2022, a cita será na Praza de San Andrés (Vilavidal), onde desde as 11:00 horas se programarán diferentes actividades lúdico musicais que se extenderán durante toda a xornada.
Empezarase as 11:00 horas cun mercadillo de pezas de traxe tradicional que se desenvolverá durante toda a xornada. Posteriormente, en dous obradoiros, iranse elaborando as coroas de e colares de flores coas que se adornan as persoas que cantan as coplas. Ao mesmo tempo, en paralelo, os músicos de Rebulir animarán a contorna animando ao baile.
Xa en horario vespertino, desenvolverase o obradoiro de elaboración das tradicionais coplas satíricas que acompañan estas construcións florais. Como novidade desta edición, Rebulir pretende recuperar tamén a tradición de protexerse do "aire" do Maio, colocando un ramallo de xesta na porta das casa, cortes e lugares onde se habite. Departamento de comunicación