El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso reclámalle unha xuntanza a Rueda para "falar como primeira tarefa para dotar de dignidade a Ourense"

13-05-2022 16:16:50
Valentín González Formoso (3i).

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, vén de reclamarlle unha primeira xuntanza institucional ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para “sentarnos a falar coa tarefa de dotar de dignidade a unha cidade –como Ourense- que a está reclamando dende hai 3 anos”. Así o dixo antes dun xantar en Vigo co Círculo de Empresarios de Galicia.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que responda á carta que lle ten enviado hoxe reclamando este encontro e urxe a Rueda a “poñerse mans á obra”. Lamentou o “espectáculo bochornoso” da capital de Ourense, “cun alcalde que non ten un mínimo de institucionalidade, un mínimo de educación nin representa a unha cidade que é absolutamente digna e querida por tódolos galegos e as galegas”.

Dirixiuse ademais ao presidente da Xunta para reclamar “un goberno á altura do país, baseado no talento, no coñecemento e o compromiso cos sectores estratéxicos de Galicia que o están a pasar francamente mal”. Valentín González Formoso engadiu que “a meta e o obxectivo é darlle resposta á xuventude galega, para que non teña a emigración como unha opción, e que vexa o seu territorio como un territorio de oportunidades”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias