OURENSE | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, viaxou hoxe
ata Ourense, onde denunciou a situación de precariedade do colectivo de
enfermaría, “estratéxico no sistema sanitario galego”. Alertou da súa
situación, “maltratado” no laboral e asumindo unha sobrecarga de
traballo inasumible, con prolongacións de xornadas no retribuídas polo
Sergas.
Formoso alertou de que a sobresaturación provoca a
perda da calidade na atención sanitaria. Así o dixo en Ourense, onde se
interesou polas condicións de traballo dos profesionais de enfermaría
na visita ao Centro de Saúde Valle Inclán, xunto co secretaria xeral do
PSdeG de Ourense, Natalia González, o secretario provincial, Rafael
Rodríguez Villarino, e a parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta.
Explicou
que os profesionais da enfermería teñen asignadas unha media de 1.600
tarxetas sanitarias, cando a ratio establecida polo Ministerio de
Sanidade sitúase en 1.000, e no Hospital de Ourense por exemplo teñen
que atender ata a 16 pacientes á vez, o dobre dunha asignación
considerada segura e de calidade, que é de 8.
A
sobrecarga dos profesionais e a desmotivación, dixo, “redunda nunha peor
calidade do servizo”, e “contradí o que afirma o presidente da Xunta:
si que se trata dunha cuestión de cartos”. Sinalou que “é cuestión de
motivación, de darlle estabilidade contra a precariedade laboral que
está a sufrir este colectivo, con profesionais contratados por días e
mesmo en casos por horas”.
A consecuencia directa, dixo, é
que o 30 por cento dos e das profesionais estanse a dar de baixa das
listas de agarda para ser contratadas, e “van buscar destinos mellores
noutros territorios do Estado, e mesmo na privada”.
Dixo que “é unha cuestión de respecto a un colectivo, neste
caso o da enfermaría, que vén sumarse á falla de respecto e de empatía
co colectivo médico, que adoece dunha serie de carencias vencelladas á
falla de atractivo laboral, á falla de incentivos económicos e á perda
de atractivo de Galicia como destino médico”.
Fixo unha
chamada ao goberno galego a incrementar en 140 millóns de euros o
orzamento para Atención Primaria nos Orzamentos do próximo ano, para
situarse en sintonía co resto das comunidades autónomas do Estado.
Advertiu que “todas e cada unha das autonomías están a gastar un 10 por
cento máis en atención primaria agás a Xunta, que neste exercicio está a
gastar un 1,9 por cento menos”.
Proceso electoral
Valentín González Formoso cualificou hoxe o resultado das eleccións
autonómicas de Andalucía como “malo para o PSOE”, e sinalou que “aínda
queda un ano para que se reverta”. Salientou que “a cidadanía distingue”
os diferentes procesos electorais, e advertiu de que precisamente nas
municipais lle concede máis peso ao “factor persoa e á lista electoral”,
e dun proxecto “con capacidade de ilusionar á cidadanía”. Departamento de comunicación