El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso reclámalle a Xunta e Goberno que garantan apoio para Stellantis en Vigo

19-07-2022 15:24:03

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe a Xunta e goberno central que garantan apoio financeiro, subministro enerxético e melloras loxísticas para a planta de Stellantis en Vigo. Así o dixo durante a visita á planta, que garante máis de 5.000 empregos directos e outros 20.000 indirectos no sector da automoción, xunto co seu director, Ignacio Bueno.

O responsable socialista lembrou que o complexo, o maior da firma en toda Europa, é “un dos tractores de Galicia, cun papel protagonista no PIB” da Comunidade Autónoma. Por iso considera “crucial” que o grupo “siga asignando plataformas de vehículos, emprego e futuro ao complexo de Vigo”, para o que demandou “tódalas medidas de apoio” dende as administracións para garantir a competitividade do grupo.

Formoso constatou hoxe o “avance da conversas” con Industria para garantir a asignación de novos modelos para a planta, logo de “moitos anos nos que non se ten feito nada”, dende o goberno presidido por Mariano Rajoy. Apuntou que “agardamos que en poucas semanas haxa novidades positivas” na asignación de novas plataformas e tamén para garantir o subministro eléctrico de calidade ou facilidades loxísticas. 

Sinalou que os socialistas galegos “temos o obxectivo claro transmitirlle ao Estado e á Xunta de Galicia” a súa “obriga como autoridades” de facilitar as condicións produtivas da planta “na medida do posible dentro do marco comunitario”. Considera “esencial e transversal que exista carga de traballo en centros tractores coma este, para que as condicións de funcionamento sexan as idóneas na medida do posible”.


Microcortes

Neste sentido, engadiu que “se hai unha solución para resolver os microcortes -de enerxía eléctrica- tense que facilitar, custe ao que custe”, por canto supoñen “un enorme prexuízo económico, de produción e de carga de traballo para un centro tan enorme coma este”. Subliñou que “non vamos cesar” nesta “nova esixencia” que “lle trasladaremos ao presidente do goberno na primeira oportunidade que teñamos”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias