El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

EUROCÁMARA

O BNG defende que o galego sexa tratado con igualdade en Europa

18-09-2023 20:14:05
Ana Miranda (c).

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defende que se recoñeza a oficialidade do galego -así como o catalán e o éuscaro- como linguas de traballo na Unión Europea e acade a igualdade lingüística que merece para a súa normalización. “Agardamos que a decisión que tome o Consello da UE sexa positiva porque o galego ten que ser tratado en igualdade a respecto de outras linguas europeas”, salientou Miranda en relación ao debate que mañá terá lugar sobre a solicitude do goberno español que se discutirá mañá no Consello da Unión Europea para que galego, catalán e éuscaro sexan oficiais. 

“Estamos falando de dereitos lingüísticos e as galegas e galegos debemos ser tratados con igualdade en Europa, porque non se pode entender Europa sen a diversidade de nacións e linguas dos Pobos europeos” explicou a eurodeputada nacionalista na comparecencia na que participaron diversos colectivos que defenden a oficialidade destas tres linguas, e que foron acompañados por eurodeputadas e eurodeputados de diferentes grupos parlamentares. 

Así, na rolda de prensa dos colectivos de defensa das linguas minorizadas intergrados na Rede Europea de Igualdade Lingüística ELEN, tomaron a palabra Elsa Quintas, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística; Daniel Mundet, representando á Plataforma per la Llengua; Elena Jiménez, en nome de Òmnium Cultural; Lena Serra, en reprsentación de Obra Cultural Balea: Idurre Eskisabel, representando a Euskalgintzaren Kontseilua; David Minoves, en nome do CIEMEN; e Davyth Hicks, en representación de ELEN.  

Estes colectivos de defensa das linguas integrados en ELEN reclamaron a oficialidade das tres linguas e o seu pleno recoñecemento. Consideraron que o seu impacto sería moi positivo e un paso adiante para o recoñecemento e o estatus oficial na UE protexendo así os dereitos lingüísticos das persoas falantes desas linguas. 


Diversidade 

“O BNG defende a diversidade lingüística e cultural que representan as nacións sen Estado, fronte as políticas de uniformización imposta polos Estados e, por activa ou por pasiva, avaladas pola UE”, destacou a eurodeputada nacionalista respecto as reticencias de determinados estados no recoñecemento desa diversidade que o martes debaterá o Consello de Asuntos Xerais da UE. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias