El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG

Ana Miranda denuncia en Bruxelas a falta de avaliación do impacto social e medioambiental da eólica mariña en Galiza

24-10-2023 20:40:44
Ana Miranda (3d).

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, criticou na Comisión de Pesca da Eurocámara a falta de participación do sector pesqueiro na elaboración dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), que regulan a instalación da eólica mariña na costa galega. Ademais, denunciou a falta da avaliación rigorosa do impacto social e medioambiental da implantación da eólica mariña no banco pesqueiro galego.  

Así, na súa intervención durante a presentación do Informe do Tribunal de Contas Europeo “Enerxía renovable mariña na UE”, Miranda fixo referencia ao “Manifesto Burela” que xurdiu en defensa do sector, que afecta á frota do banco pesqueiro da costa cantábrica galega e aglutina a máis de 4.300 embarcacións e máis de 12.000 pescadores e mariscadores que viven directamente da pesca.  

Segundo sinalou, o sector resultou “moi directamente afectado pola falta de participación”, xa que aínda que a Comisión insta a elaborar estes plans de ordenación do espazo marítimo, no caso do Estado español non se consultou debidamente ao sector nin ás organizacións de defensa do medio ambiente. A eurodeputada do Bloque,  sinalou que moitas veces “a Comisión non escoita, ao igual que acontece coa ministra Ribera, a principal responsable de que os proxectos da eólica mariña vaian adiante e que hoxe está en Bruxelas precisamente no dia no que a Comisión Europea publica a comunicación para acelerar os proxectos de enerxía eólica”.  


Eólica non así  

Ana Miranda salientou a repercusión en Galiza do informe do Tribunal de Contas Europeo, tanto no sector pesqueiro e marisqueiro como no sector medioambiental, un informe que criticaba a actuación do Estado español neste tema. “A través deste informe o sector sentiuse reflexado e un pouco amparado”, apuntou, posto que este documento considera que “o desenvolvemento da enerxía renovable mariña supón unha serie de problemas prácticos, sociais e medioambientais que non foron debidamente avaliados polo Estado español”.  

Neste contexto, a eurodeputada do Bloque explicou que a contestación en Galiza contra a eólica mariña é moi importante polo seu impacto na pesca. “Nós sempre dicimos eólica si pero non así, e non así significa que non todo vale e que os territorios non só podemos ser unha colonia enerxética”, subliñou. Por outro lado, lembrou que no mes de maio o BNG organizou na Eurocámara unha conferencia co título “Sobre eólica mariña: cara un novo fracaso ambiental?”, e na que participou unha delegación galega, asturiana e portuguesa representante do sector pesqueiro e do colectivo ecoloxista. Nas súas intervencións, os representantes do sector defenderon o seu medio de vida, o dereito a ser consultados, así como a rotunda oposición que hai na costa galega aos parques eólicos mariños que pretende facer o Estado. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias