El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación reforzará a súa aposta pola economía circular durante 2024

20-11-2023 11:48:00
Reunión coa xerente de Viratec.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña  reforzará en 2024 a súa acción en ámbitos industriais e estratéxicos para o futuro da provincia como a intelixencia artificial, a biotecnoloxía,  o sector audiovisual ou a economía circular. 

Así o confirmou a deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, ao remate da reunión que mantivo na sede da institución provincial coa xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ana Botas. Unha xuntanza que serviu para sentar as bases de colaboración entre ambas entidades de cara a unha provincia máis sostible desde o punto de vista económico, social e ambiental. 

“Para a Deputación, constitúe unha prioridade avanzar na economía circular no ámbito provincial, así como na mellora da xestión actual de residuos e na redución da pegada ecolóxica, mediante un uso máis eficiente dos recursos do noso territorio e impulsando e apoiando a posta en marcha de proxectos e estratexias de economía circular no ámbito local”, explicou Rosa Ana García, que destacou que “a experiencia de Viratec neste ámbito é fundamental na busca de solucións ambientais no ámbito local”. 

“Estes avances só poden vir da man da colaboración, da participación e da implicación do sector privado e das entidades locais como promotoras do cambio dende a base do territorio provincial”, afirmou a deputada, que defendeu o modelo de desenvolvemento sostible “como unha oportunidade tamén para a innovación, o crecemento económico e o emprego”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias