REDACCIÓN | A Asociación Amicos organiza unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), cunha oferta de cen prazas dirixidas a mulleres desempregadas con ou sen discapacidade, así como mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación profesional. A iniciativa, que se desenvolverá durante un ano, estará enfocada nos sectores de comercio, atención á clientela e desenvolvemento de habilidades sociais, así como funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.
O programa ofrece ás participantes información, orientación e asesoramento na busca de emprego. Asemade, as beneficiarias recibirán formación e apoio mediante técnicas e obradoiros, habilidades sociolaborais, movilidade laboral. Así como prospección empresarial e prácticas profesionais non laborais en empresas do sector conserveiro, como Jealsa, de distribución alimentaria, como Vegalsa-Eroski ou Gadisa, ou en pequeno e mediano comercio da zona do Barbanza.
Este tipo de iniciativas ten como obxectivo a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións formativas, prácticas non laborais e mediación coas empresas. Neste caso, o PIE impulsado por Amicos abarca aos concellos Noia, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Boiro. Así, o programa contará cun total de 100 prazas nas que se diseñará un itinerario formativo personalizado para cada unha das participantes.
Se ben os Programas Integrados de Emprego teñen o compromiso de acadar como mínimo a inserción laboral do 35% dos participantes, polo xeral estos adoitan alcanzar arredor do 40%. No caso de Amicos, este dato sube ata o 55% de inserción, posto que nas tres edicións anteriores, das 360 persoas atendidadas polo equipo de emprego da asociación, arredor de 200 foron insertadas.
As interesadas en participar poderán inscribirse ata o 12 de xaneiro, enviando un correo electrónico a programaintegrado@amicos.org ou mediante o teléfono 672 745 058. Os Programas Integrados de Emprego están financiados pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, polo que as participantes poderán percibir unha axuda de mínimo dez euros por cada acción na que interveñan. Departamento de comunicación