El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación aproba definitivamente os Orzamentos do ano 2024: máis de 116 millóns

Entrarán en vigor o día 1 de xaneiro.

26-12-2023 16:49:51
Deputación de Lugo.

REDACCIÓN | O Goberno provincial aprobou definitivamente no Pleno ordinario de hoxe os Orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2024, que poderán entrar en vigor desta forma o vindeiro día 1 de xaneiro. A institución contará con 116 millóns, un 5,32% máis ca neste 2023, para ofrecer máis servizos públicos e favorecer o dinamismo económico da provincia, sobre todo no rural.  

O presuposto saíu adiante, pois, seguindo o informe do servizo de Intervención, desestimáronse as dúas únicas reclamacións presentadas ao mesmo durante o período de exposición pública -unha polo Alcalde de Becerreá e outra pola Plataforma Pro Residencia da localidade-, dado que “xa existe crédito orzamentario para dotar de equipamento e seguir avanzando cara a apertura do centro coa incorporación de remanentes”.  

Así o explicou a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, quen, aludindo ao informe de Intervención, lembrou que o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Becerreá para a construción da residencia contempla a aplicación das baixas das licitacións ao propio centro, e que “os remanentes á data actual ascenden a 1.318.781,98 euros”. Así mesmo, “existe unha dotación de 300.000 euros no Orzamento dispoñible de ser preciso”.  

García Bermúdez lanzou unha “mensaxe de tranquilidade” aos veciños e veciñas de Becerreá porque “este Goberno cumpre”. Así o demostra, incidiu, coa apertura no pasado mandato de seis centros de atención a maiores, co que a día de hoxe conta con 9 en funcionamento. Ademais, ten dúas residencias en construción, e avanza no procedemento para abrir a de Becerreá e outras 6, co que completará a rede de 18 previstas. 

“Queda de manifesto o firme compromiso que temos no Goberno”, subliñou a Deputada mentres a Xunta non abriu “nin unha soa residencia pública en 15 anos con Feióo e con Rueda”, e o PP “levounos ao xulgado para que non abríramos estes centros de atención aos maiores, e seguen enredando. Son capaces de todo, pero saíulles mal. Nós seguimos gobernando e vostedes, na oposición”. “Deberían pedir perdón por deixar un país cos servizos públicos desmantelados, pensando única e exclusivamente en facer negocio porque confunden o público co privado”, asegurou.  

Os presupostos da Deputación para o ano 2024, recalcou, “servirán para seguir dando resposta a unha das maiores preocupacións da veciñanza, como é a atención aos nosos maiores”. De feito, as políticas sociais concentran un terzo do total dos fondos previstos, ata alcanzar os 38 millóns, o que supón un 3% máis ca neste ano. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias