El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

MOSTRA DE ENCAIXE DE CAMARIÑAS

"Sastrecillo valiente" será a homenaxe de Esteban Freiría ao traballo de todas as modistas e xastres

01-04-2025 17:48:39
Sastrecillo valiente.

REDACCIÓN | O deseñador vigués Esteban Freiría, afincado en Málaga, é un dos persoeiros que máis agarimo lle ten a Camariñas, sentimento que é mútuo, nunha comuñón que leva existindo desde hai 11 anos. Para a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña traerá ata a pasarela Sastrecillo valiente, unha homenaxe ao traballo de todas as modistas e xastres, desde un pequeno alfil aos patróns empregados. 

Freiría emprega nun 90% teas recicladas, que combina co Encaixe para crear pezas únicas. “Aproveito anacos que teño doutras coleccións uníndoos, para intentar que o impacto fose cero”, sinala. 

Nesta colección, o deseñador quixo resaltar a gravata masculina, e co Encaixe “fixen elementos clásicos e pezas máis modernas e sofisticadas, xa que non ten límite”, afirma Freiría, á vez que di sentirse tremendamente querido “nun lugar no que son eu mesmo e onde levo presentando coleccións desde hai máis dunha década, que ademais de ser cada ano moi diferentes ás anteriores, me centro tamén en investigar novas posibilidades para o Encaixe, adaptalo ao contexto actual pero mantendo sempre a esencia”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias