El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Xesús Búa, Icía Varela e Xosé Manuel Varela inauguran as presentacións literarias da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

17-04-2025 13:26:57
Mostra do Encaixe de Camariñas.

REDACCIÓN | A XXXVI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe as dúas primeiras presentacións literarias das seis que se celebrarán durante o evento. Xesús Búa, Icía Varela e Xosé Manuel Varela foron os encargados de estrear hoxe esta programación literaria. 

O fotorxonalista Xesús Búa presentou ‘Homes e Mulleres de Sal e Ferro’, unha publicación que describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte. 

Seguiron a pandereteira Icía Varela e o especialista Xosé Manuel Varela coa súa publicación ‘Cantareiras’, un percorrido polo legado da música e a poesía popular, a tradición das pandeireteiras. 


Josefina Campaña e Xan Fernández o venres 

Pola súa banda, o venres, ás 12:00 horas, será o turno para Josefina Campaña e o seu libro ‘De niña artesana a mujer’. De seguido, ás 12:20 horas, fará o propio Xan Fernández coa guía ‘Camariñas, un mar de encaixe’, un acto presentado polo comunicador Marcial Mouzo. 

O sábado,  ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará unha nova edición de ‘El Cementerio de los Ingleses’. Por último, o mesmo sábado, ás 12 horas, a fotoxornalista Ana García presentará a súa publicación ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’, un compendio de fermosas imaxes sobre a maxia que pode crear a bioluminiscencia mariña. 

Estas presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXIII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias