El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ENCAIXE DE CAMARIÑAS

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

19-04-2025 19:07:29
Desfile das Delegacións Internacionais.

REDACCIÓN | O encaixe, como artesanía milenaria, non coñece de fronteiras. Así se demostrou na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña no desfile das ‘Delegacións de encaixeiras Internacionais’ que amosaron as súas creacións na pasarela. 

Participan: Arxentina (Buenos Aires), Bulgaria (Sofía), Hungruía (Kiskunhalas), Italia (Novedrate e Trapani), Portugal (Peniche e Serra D’El Rei), Polonia (Bobowa) e España (Arenis del Mar). 

Son as voluntarias e os voluntarios da Mostra do Encaixe os encargados de lucir as súas creacións sobre a pasarela. Aproveitando o desfile, eles tamén recibiron un agasallo por parte do Concello en recoñecemento ao seu traballo altruísta.


A Mostra pon en valor a labor dos nenos da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

Doutra banda, Os nenos e nenas da Escola de Palillo recibiron hoxe, sábado 19 de abril, un agasallo moi especial para recoñer o traballo que realizan ao longo do ano e que garante o futuro do encaixe: o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. 

A autora, acompañada da alcaldesa, Sandra Insua, e da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeira, ademais doutros membros do goberno local, entregaron o libro aos encaixeiros infantís ao remato do emocionante e divertido desfile do PequEncaixe. 

O libro ‘Un viaje por el espacio’ surxe a raíz do Traballo de Fin de Máster de Águeda Antelo, que cursou Educación Infantil e logo fixo o Máster de Psicoloxía Aplicada a Contextos Educativos. O traballo consistía en facer unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil e ela decidiu levala a cabo nas aulas de 5 anos dos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto. 

“Para facer o traballo necesitaba un tema que me dese moito material e por iso decidín escoller o espazo cos seus planetas, asteroides, marcianos... Foron 8 semanas de intervención no colexio de Camariñas e eu, cada día que chegaba, contáballes aos nenos e nenas un pouco da historia do meu libro e a partir de aí traballábamos diversas actividades relacionadas co espazo. Toda a intervención ía unida a unha historia coa que eles estaban familiarizados”, indica a autora. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias