El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | SOGAMA

"Separa. Depende de ti", nova campaña de Sogama para impulsar a maior colaboración da cidadanía na reciclaxe de calidade

05-06-2025 10:50:28
A campaña Separa. Depende de ti.

REDACCIÓN | Baixo o lema 'Separa. Depende de ti', e no marco da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, Sogama lanza unha campaña coa que pretende incentivar a colaboración da cidadanía na consecución de maiores cotas de reciclaxe, contribuíndo desta forma ao cumprimento dos obxectivos europeos na materia. 

A iniciativa pon o foco nos “impropios”, é dicir, aqueles residuos que, por erro ou descoñecemento, son depositados en orixe no contedor equivocado, polo que, ademais de imposibilitar a súa recuperación, tamén se está a comprometer e limitando a reciclaxe dos materiais correctamente depositados. 

Preténdese amosar, dunha forma visual, os erros máis comúns que cometemos os cidadáns e para isto emprégase un concepto tan coñecido como o das manchas, evidenciando que separar residuos é tan sinxelo como non mesturar cores, posibilitando así o seu reciclado e beneficios inherentes ao mesmo, tanto ambientais como económicos. 

A través de gráficas móstranse os cinco principais contedores que atopamos nas rúas (amarelo, azul, marrón, iglú verde e xenérico), especificando os materiais que deben introducirse en cada un e, representando con manchas de cores, os residuos impropios que corresponderían a outros recipientes. 

Tamén se proporciona información relevante sobre o que acontece cando clasificamos axeitadamente e cando non. No primeiro caso, os residuos convértense en recursos valiosos para a fabricación de novos produtos, redúcese a necesidade de extraer da natureza materias primas virxes, diminúe a contaminación e xéranse postos de traballo. 

No segundo caso, contamínanse os refugallos correctamente separados e, polo tanto, complícase e ralentízase o proceso de recuperación, encarecéndoo, pois separar os impropios require tempo e diñeiro extra, coa particularidade de que se perden materiais que poderían transformarse en novos artigos de utilidade. 


Reciclaxe, todo vantaxes 

A campaña proporciona tamén datos curiosos. Por exemplo, que cada tonelada de cartón reciclado aforra o equivalente á enerxía que necesita un fogar durante seis meses; que reciclar unha botella de vidro aforra a enerxía suficiente para manter unha televisión acesa durante 20 minutos; que reciclar tres botellas aforra a enerxía que se necesita para cargar un teléfono móbil durante todo un ano; que se necesitan 500 anos para que unha botella de plástico se degrade na natureza; que co aluminio reciclado de 19.000 latas pódese fabricar un coche enteiro; e que por cada tonelada de briks reciclados pódese aforrar ata 1,5 toneladas de madeira. 

Na landing da campaña, unha vez que o internauta “borra” co seu cursor a mancha que simula o residuo impropio, pode acceder á información de cada contedor, unha vez que borra. 


Aula itinerante 

'Separa. Depende de ti' tamén estará a pé de rúa, xa que unha aula itinerante atendida por monitores viaxará por distintos municipios das catro provincias e farao con información e xogos de manchas nos que poderán participar cidadáns de todas as idades, aos que se gratificará con distintas sorpresas. Máis información 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias