El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Natividade González visita a sede coruñesa da UNED

09-06-2025 16:11:17
Natividade González (e).

REDACCIÓN | A deputada de Cultura, Natividade González, visitou a UNED da Coruña, onde lle confirmou á directora, Ana Mónica Novo, o apoio da Deputación á oferta cultural do centro asociado. González tivo ocasión de coñecer o traballo da institución académica e o desenvolvemento das probas presenciais da convocatoria de xuño, que se están a celebrar esta semana é as que concorre o alumnado matriculado na sede coruñesa e tamén o da Aula de Ferrol. 

Na axenda tamén estivo o convenio entre a Deputación e o Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED da Coruña para o cofinanciamento do seu programa de actividades sociais e de divulgación cultural, que se vai renovar nas vindeiras semanas. En 2024, a administración provincial reservou para o acordo unha achega de 100.000 euros. 

«Queremos reiterar», dixo a deputada, «o noso compromiso firme co acceso igualitario á cultura e á educación e á divulgación do coñecemento na nosa provincia, e estamos convencidos de que a programación multidisciplinar e aberta da UNED da Coruña é fundamental para conseguir ese obxectivo». 

Sobre o convenio entre a Deputación e o Consorcio Universitario, a deputada comentou: «Non é unha simple achega económica, senón unha aposta por iniciativas que, como as da UNED da Coruña, nos permiten avanzar cara a unha sociedade máis formada, máis crítica e máis cohesiva”. 

Para González, “a UNED da Coruña realiza un traballo impagable achegando a educación superior e a cultura a persoas que doutro xeito terían dificultades para acceder a ela; por iso, para nós é unha prioridade seguir colaborando e fortalecendo esta alianza”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias