El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | HOTEIS E PENSIÓNS

Os hoteis e pensións galegos ingresaron nos primeiros dez meses do ano 408,1 millóns

21-11-2025 17:51:43
Hotel Crunia.

REDACCIÓN | O sector hoteleiro rexistrou ata outubro ingresos e visitantes récord, o que permite continuar a falar de 2025 como un ano histórico, segundo confirman os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, entre xaneiro e outubro, os hoteis e pensións da comunidade ingresaron 408,1 millóns de euros, un 5,2% máis que no mesmo período de 2024, o máximo desde que hai rexistros.  

Se nos referimos ó ao mes de outubro, os establecementos hoteleiros facturaron 41,7 millóns, un 3,1% máis que no mesmo mes do pasado ano. Esta cantidade marca a cifra máis elevadas da súa serie histórica para este mes. 

Crece tamén o número de visitantes ese mes nun 1,4%, ata as 510.686 persoas, unha cantidade récord no mes de outubro. Fixéronse en total 887.897 noites, o segundo dato máis elevado da serie histórica, das que un 65% correspóndense co turismo nacional -o 20% de mercado interno-, correspondéndose o 35% restante co mercado internacional.  

A falta de coñecer os datos do resto de aloxamentos do sector como cámpings, turismo rural, albergues, etc. as cifras do sector hoteleiro para o mes de outubro o 65% das noites hoteleiras corresponden ao turismo de ámbito nacional. Neste mes destaca tamén en volume e peso o mercado internacional pois representa o 35% do total da demanda hoteleira, destacando o mercado estadounidense que só nese mes rexistrou 37.388 viaxeiros aloxados en hoteis e pensións e supón un crecemento dun 7,3%.  

Co 44% das noites hoteleiras, A Coruña lidera en outubro, por segundo mes consecutivo, o mercado turístico hoteleiro, seguida de Pontevedra, co 35%, Lugo e Ourense co 15% e 7% do total, respectivamente. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias