El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

O espazo "Gourmet entre encaixes" contará con 10 postos de venta

Volverá a habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que tamén se situará o bar da Mostra.

18-03-2026 14:12:23
Gourmet.

REDACCIÓN | O espazo dedicado ao sector alimentario ‘Gourmet entre encaixes’ repetirá por terceiro ano consecutivo na trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 1 ao 5 de abril de 2026. 

Neste área dedicada ao sector alimentario, que volverá a contar cunha decoración especial e disporá de vixilancia de seguridade as 24 horas do día, instalaranse 10 postos de venta: Bico de Xeado, DTroula, Ibéricos de Salamanca, Frigoríficos de Camariñas, Mascarada O Cansorriño, Oriente Exquisito, Pimentón La Ristra, Pura Locura, Stolt Sea Farm e Xacobleas. 

Alí tamén se situará o bar da Mostra e habilitarase un espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque. Estará aberto desde o mércores 1 de abril ás 15 horas ata o domingo 5 de abril, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias