El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Mariví Santos e Zeltia ao Aire fusionarán o encaixe de Camariñas con complementos para cerimonia

19-03-2026 11:35:52
Mariví Santos.

REDACCIÓN | Mariví Santos e Zeltia ao Aire son outros dos nomes que configurarán a pasarela do ArtEncaixe na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. A primeira deseñará elementos coma bolsos ou tocados, aos que lle aplicará encaixe. A segunda fará o propio con pezas para noiva. 

“Para min foi unha gran experiencia participar o pasado ano na Mostra, onde amosar a nosa artesanía nunha pasarela tan relevante e ver ás modelos e aos modelos lucir as túas pezas en movemento fanche sentir orgullosa do que estás facendo. Para min o reto de combinar diferentes disciplinas é conseguir que o encaixe luza aínda máis, dándolle maior importancia á prenda”, asegura Santos. 

Pola súa banda, Zeltia sinala que “as miñas pezas hai que velas integradas, coma se fosen o mesmo tipo de traballo. Eu o que fixen para Camariñas é tratalas coma se fosen de bordado ao aire, integrándoas de tal maneira que hai que estar moi atentas para ver esa conxunción, como unha conexión que ten sentido e na que nada sobresae. Vou levar catro pezas para noiva, pero para noiva moi especial, e ata aí podo ler”. 


Os horarios nos que poderedes ver os desfiles de ArtEncaixe na pasarela Deputación da Coruña son

.- Xoves, 2 de abril, ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B). 

.- Venres, 3 de abril, ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A). 

.- Sábado, 4 de abril, ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias