El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Bayardo Quinto Núñez
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

XXXV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

As Grandes Firmas DEVOTA&LOMBA e Claudina Mata continúan o seu idilio coa Mostra do Encaixe de Camariñas

26-03-2026 18:44:22
Modesto Lomba.

REDACCIÓN | DEVOTA&LOMBA e Claudina Mata, dúas das Grandes Firmas asiduas á Mostra do Encaixe de Camariñas, continúan o seu idilio co evento palilleiro e elevarán os seus deseños á pasarela Deputación da Coruña. 

Segundo explica Modesto Lomba, de DEVOTA&LOMBA, “para nós, que partimos da nosa esencia minimalista e a artesanía, integrar a delicadeza do encaixe é un reto para conseguir a excelencia, e tamén intentaremos amosar creatividade.” Na colección para esta trixésimo quinta edición “integraremos encaixe cos sombreiros onde enlazaremos tradicións e vangarda. 

”Pola súa banda, Claudina Mata afirma que formar parte da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas “é unha auténtica honra e tamén unha grande responsabilidade. É un evento con moitísima historia que pon en valor unha artesanía única e poder medrar como deseñadora dentro desta contorna é algo moi especial. Este ano presento unha colección na que continúo a explorar a feminidade desde un punto de vista actual, combinando siluetas coidadas con detalles artesanais moi protagonistas. 

”A granadina afirma que “o encaixe non só é un complemento, é o fío condutor en toda a colección e quixen xogar cos contrastes entre a delicadeza e a estrutura, tratando de acadar un equilibrio entre tradición e tendencia”.  

“Granada ten unha luz, unha sensibilidade e unha forza estética moi marcadas, e iso sempre está presente na miña forma de deseñar. Gústame trasladar esa esencia a través das cores, as formas e a actitude nas prendas. Ao combinar co encaixe de Camariñas, o que intento é crear un diálogo entre dúas culturas: a calidez e expresividade andaluza coa delicadeza e precisión da tradición galega. Creo que esa mestura enriquece moitísimo o resultado”, destaca Mata, quen ten unha mensaxe para o público: “Non poden perder o meu desfile, porque vai ser unha colección moi coidada, feita desde o respecto e a tradición pero cunha mirada moi actual. É unha oportunidade de ver como unha artesanía tan especial pode seguir medrando, evolucionando e emocionando.”





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias