Sociedad
24-12-2007
O prazo para presentar as candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2007 que convoca a Academia Galega do Audiovisual entra na súa recta final. O mércores 2 de xaneiro é o derradeiro día no que empresas produtoras e profesionais poden presentar os seus traballos á sexta edición dos galardóns da industria audiovisual galega.
Poden aspirar a estes premios as longametraxes, telefilmes, series e programas para televisión, documentais e curtametraxes, así como os profesionais que participen nestas producións ?agás nas curtametraxes- e que cumpran os requisitos das categorías específicas. O certame inclúe tamén a participación das obras publicitarias e as obras experimentais ou interactivas. As bases pódense consultar na web da Academia, www.academiagalegadoaudiovisual.com. Unha vez rematado o proceso de presentación e votación dos nomeados, terá lugar a tradicional Gala dos Premios, prevista para o mes de abril do 2008.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias