Sociedad
27-12-2007
Nos próximos días, Galicia seguirá a estar baixo a influencia anticiclónica. Durante as xornadas do 27 ao 30 de decembro, a ausencia de chuvias, a estabilidade das temperaturas, as xeadas xeneralizadas, e o predominio de ventos frouxos, serán as constantes da información meteorolóxica neste tramo das festas de Nadal.
O venres 28 esperase a chegada dunha fronte pouco activa, que poderá deixar precipitacións a última hora no noroeste e deixará bancos de néboa no interior. O sábado pola mañá choverá de xeito feble en toda a franxa atlántica, estas precipitacións serán illadas e ocasionais e caerán a primeiras horas da mañá. Nesta xornada, as temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas permanecerán sen cambios.O domingo, o anticiclón volverá a predominar o conxunto da comunidade. Así, agárdase a alternancia de nubes e claros, e a medida que avance o día a nubosidade irá diminuíndo. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso e xeará durante a noite en zonas do interior.
As temperaturas nas principais cidades galegas experimentarán un ascenso xeneralizado a partires do venres. Así, na cidade de Lugo, estes días as temperaturas mínimas oscilarán entre os -2º e os 3º, as máximas situaranse entre os 9 grados e os 11º.
En Pontevedra, as temperaturas mínimas serán de 1º o venres e o xoves, e experimentarán un moderado ascenso até os 5º que se rexistrarán o sábado. As máximas non sufrirán cambios significativos e estableceranse nos 13º de media. En Vigo, manteranse constantes en xeral, as mínimas arredor dos 5º e as máximas nos 13º.
En Ourense, as temperaturas mínimas serán de 1º até o sábado, que ascenderán ata situarse entre os 2º/4º. Na cidade das Burgas, por contra, os cambios nas temperaturas máximas non serán significativos e manteranse entre os 10º/12º.
Na Coruña se situarán entre os 3º a mínima -subirá a 6º a partir do sábado- e os 14º a máxima, que baixarán a 12º. En Santiago, durante estes días, as temperaturas se manterán entre 0º a mínima, e 12º a máxima, a partires do 29, as mínimas subirán até os 5º, e as máximas manteranse. Por último, en Ferrol, as temperaturas mínimas oscilarán entre os 3º do xoves, e os 6ºdo domingo. As máximas situaranse arredor dos 12º.
Para o comezo da semana de aninovo, continuará o predominio da influencia anticiclónica sobre a nosa comunidade. Os ceos permanecerán despexados ou parcialmente nubosos, e as probabilidades de que choiva nestes días son moi baixas, apenas dun 10%. Nas horas centrais do día, as temperaturas serán agradables, pero xeará durante a noite nas comarcas do interior.
Nesta rexión, do domingo 30 ao xoves 3, as temperaturas se manterán ente os 0º/4º as mínimas, e 7º/11º as máximas. No litoral norte da comunidade, as mínimas estarán entre os 5º/9º, e as máximas entre os 10º/14º. Na zona das Rías Baixas, as mínimas rexistrarán temperaturas de 4º/8º, mentres que as máximas chegarán aos 10º/14º.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias