El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O museo MARCO de Vigo pecha o ano 2007 con máis de 87.000 visitantes

03-01-2008

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) rexistrou ao longo de 2007 un notable incremento de público respecto a períodos anteriores, cun total de 87.027 visitantes entre os meses de xaneiro e decembro, fronte aos 72.470 do mesmo período en 2006, o que supón un total de 14.287 visitantes máis. Estas cifras do centro artístico que conmemora o seu quinto aniversario, sumadas aos visitantes de anos anteriores (24.040 entre novembro e decembro de 2002, 51.955 en 2003, 47.095 en 2004, e 58.470 en 2005) amosan un total de 341.057 visitantes dende a data de apertura ao público o 13 de novembro de 2002 ata o 31 de decembro de 2007. En canto ao reparto de visitantes por meses, unha das variacións máis significativas deste ano respecto a 2006 foi o aumento de visitantes nos meses de verán e durante o último cuatrimestre, a partir da posta en marcha da nova modalidade de entrada gratuíta a partir do mes de xullo. Tamén, a excelente resposta de público durante a celebración da festa do 5º aniversario fixo que os datos do mes de novembro foran excepcionais respecto ao número de visitantes e a súa participación nas actividades. Dez mostras temporais A programación do MARCO en 2007 incluiu un total de 10 exposicións temporais: ?Entre Fronteiras?, ?Paperback?, ?Documentos?, ?Escoitar.org?, ?Novos horizontes?, ?Carlos Rial?, ?Doppelgänger?, ?Retratos doutro século?, ?A viaxe dislocada?, e ?Tempo ao tempo?, a mostra conmemorativa do seu 5º aniversario, que ocupou todos os espazos do edificio a partir do mes de outubro. O programa educativo ?visitas e talleres para escolares, actividades para familias, talleres de verán, cursos de adultos, visitas guiadas, talleres de artista? e o conxunto de actividades paralelas e complementarias ?xornadas, conferencias, concertos, ciclos de cine? ademais dos servizos da Biblioteca-Mediateca e das actividades da Agrupación de Amigos, foron outros compoñentes esenciais na oferta do MARCO aos seus visitantes neste ano 2007.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias