El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O clarinete de Woody Allen e a New Orleans Jazz Band encandilan ao público coruñés

04-01-2008

Woody Allen e a súa New Orleans Jazz Band fixeron desfrutar durante case dúas horas ao público coruñés que ata saudou con palmas unha referencia ao seu gran rival urbano ao interpretar ?Para Vigo me voy?. A Coruña recibía a penúltima escala da xira española de Woody Allen que acabará o sábado en Santander e que o levou por Barcelona e San Sebastián. O director de "Manhattan?, ?Annie Hall? ou ?Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e non se atreveu a preguntar? non tardou nin dez minutos en arremangarse para deleite das 1.800 persoas que enchían o palacio da Ópera. Allen non perde ocasión para repetir o moito que se divirte ao clarinete cos seus compañeiros da New Orleans. E nótase. A banda apenas se inmutou cando unha das cordas do banjo de Eddy Davis dixo basta. Os sorrisos de complicidade sucedíanse mentres o instrumentista o arranxaba nun momento e a batería saía a cantar. Á terceira peza pediu ao público que desfrutase e se deixara levar polo jazz tradicional. Cumpriron, e o director, actor, guionista e músico ocasional non parou de mover a perna esquerda ao ritmo dunha música sureña que evocou a dalgunhas das súas máis famosas películas. Ao final do Concerto de Reyes, que conmemoraba o corenta aniversario da Fundación Barrié, e logo dun bis, a estrela de Hollywood despediuse cun ?espero volver vervos? que deixou bo sabor de boca no público. Ciclo de cine no CGAI Os afeccionados á arte de Woody Allen poderán reecontrarse coas súas películas a semana que ven, con proxeccións no CGAI ás 20h30 das películas "Recordos" (7 de xaneiro), "Zelig" (8 de xaneiro), "A rosa púrpura do Cairo" (día 9) e "Un final made in Hollywood", o día 10 de xaneiro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias