Sociedad
07-01-2008
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) comeza a súa programación do ano 2008 coa proxección de "Recuerdos" de Woody Allen. O filme enmárcase dentro do ciclo "Woody Allen e o cine". Para os próximos días e ata o 10 de xaneiro están programadas tamén as proxeccións de "Zelig", "La rosa púrpura de El Cairo" e "Un final made in Hollywood". O ciclo inclúe unha sesión diaria de balde ás 20.30 horas na sede do CGAI.
Elaborado polo equipo de programación do CGAI, o ciclo nace dunha colaboración coa Fundación Barrié de la Maza a raíz do concerto que o director estadounidense ofreceu coa New Orleans Jazz Band na Coruña o pasado día 3 de xaneiro.
Nado en Nova Iorque en 1935, Woody Allen desenvolve a súa carreira como director en 1969, e hoxe xa conta con 38 títulos contando co filme rodado o pasado verán en España, 'Vicky Cristina Barcelona'.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias